O Concello de Outes convoca XIX Certame de Poesía Francisco Añón no que poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos.
Categorías:
Categoría A: rapaces de 6 e 7 anos. Premios:
1.º clasificado: vale de 90 € en libros e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra galardoada.
Categoría B: rapaces de 8 e 9 anos. Premios:
1.º clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra galardoada.
Categoría C: rapaces de 10 e 11 anos. Premios:
1.º clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra galardoada.
Categoría D: rapaces de 12 a 14 anos. Premios:
1.º clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra galardoada.
Categoría E: xoves de 15 a 17 anos. Premios:
1.º clasificado: 450 € e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra galardoada.
Categoría F: persoas maiores de idade. Premios:
1.º clasificado: 1.200 € e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra seleccionada.
Para a categorías e as obras terán unha extensión mínima de 150 versos e para a categoría F de 200 versos.
O Concello realizará unha edición compilatoria das obras dos participantes en todas as categorías e outra exclusiva do poemario gañador do primeiro premio da categoría de maiores de idade.
Os traballos presentaranse co orixinal e cinco copias, en sobre pechado que levará por fóra a mención “XIX Certame Francisco Añón de Poesía”. No interior conterá outro sobre máis pequeno, tamén pechado, que levará por fóra o título da obra, a categoría na que se participa e o lema ou pseudónimo do autor; dentro deste sobre pequeno virán os datos persoais do autor (nome, idade, enderezo, teléfono de contacto, centro de estudos, título da obra e lema ou pseudónimo) e unha fotocopia do DNI. Os traballos recóllense na Casa da Cultura da Serra, Avda. de San Campio, n.º 1, 15230 Outes (A Coruña), onde tamén se poden enviar por correo certificado.
O prazo de presentación estará aberto ata o 7 de abril de 2015.
Máis información en www.outes.es e na OMIX de Outes, teléfono 981 842 406
No hay comentarios:
Publicar un comentario