domingo, 1 de marzo de 2015

21 de Marzo. Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. PARTICIPA!


A Asemblea das Nacións Unidas declarou en 1966 o 21 de marzo como o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, co fin de promover e protexer os ideais da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, cuxo primeiro artigo afirma que "todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos".

Con tal fin, dende a Campaña No hate anímante a que achegues o teu gran de area participando en diferentes accións:

Envía un VÍDEO de non máis de 30 segundos de duración que conteña unha mensaxe curta en inglés contra o racismo e a discriminación e onde se vexa algo que identifique claramente a España, como por exemplo algún elemento típico da nosa cultura ou a nosa gastronomía, ademais do logo de No hate, que se mostre de xeito creativo: debuxándoo, recortándoo, tecéndoo ou como se che ocorra! Entre todas as propostas recibidas se seleccionará a que represente a España na campaña europea. Envía o teu vídeo antes do 2 de marzo a nohate@injuve.es

Redacta en inglés un POST, entre 400-700 palabras sobre o tema en cuestión, para o blog da campaña (en 'Contact us'). Envía a túa entrada ata o 14 de marzo.

Atrévete cun MEME, unha fotografía con mensaxe contra a discriminación e o racismo, de 500 x 500 pixeis, sen logos, e co texto en inglés cuxo lema sexa: I am not racist, but...? (o "but" non é obrigatorio). As mellores fotografías serán seleccionadas para unha exhibición por toda Europa! Tamén tes ata o 14 de marzo para facer chegar a túa foto, a través de correo electrónico: nohatespeech.movement@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario