domingo, 1 de marzo de 2015

Planta unha árbore no Bosque de Galicia.


A Fundación USC Deportiva, en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, organiza a actividade “Planta unha árbore no Bosque de Galicia”. Nesta actividade darase a coñecer este novo espazo verde de Compostela a través dun pequeno paseo que culminará coa plantación dunha árbore.
O obxectivo da Fundación USC Deportiva coa súa participación neste proxecto é contribuír á sensibilización da sociedade con respecto á importancia de manter uns hábitos de vida saudables e promover actividades que incidan neste aspecto e o futuro Bosque de Galicia, cos seus camiños e escaleiras, será un lugar idóneo para este tipo de actividades.
A actividade é de balde previa inscrición e terá lugar todos os sábados pola mañá dende o 14 de febreiro ata o 25 de abril (agás o 4 de abril).

Máis información na web www.fundacionuscdeportiva.org ou no teléfono 881 975 399

No hay comentarios:

Publicar un comentario