domingo, 1 de marzo de 2015
Vas de viaxe? Leva o teu carné xove.
Os posuidores do carné xove tedes un seguro de viaxe de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.
As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:
Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
• Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
• Transporte dos acompañantes.
• Inmobilizacións nun hotel.
• Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
• Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
• Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes.
• Servizos de información para viaxes ao estranxeiro.
• Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro.
• Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro.
• Servizo de información sobre asistencia médica.
• Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
• Billete de ida e volta para un familiar.
• Gastos de aloxamento para un familiar.
Asistencia por danos á equipaxe.
• Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe.
• Roubos e danos á equipaxe.
• Retraso na entrega de equipaxe.
• Gastos de reposición da documentación de viaxe.
• Roubo na caixa forte do hotel.
• Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
Asistencia por retraso dos medios de transporte.
• Retraso na saída da viaxe.
• Cancelación da viaxe por folga.
• Perda da conexión por retrasos.
• Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
• Retraso por "over booking".
Asistencia por responsabilidade civil
• Responsabilidade civil no estranxeiro.
• Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
• Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
• Servizo de información legal.
• Procura de representante legal no estranxeiro.
• Obtención de salvocondutos.
Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro:
http://xuventude.xunta.es/quen-como-e-onde-utilizalo.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario