viernes, 29 de marzo de 2019

Campus Científicos de Verán 2019


O Ministerio de Educación convoca 1.560 axudas para participar no ano 2019 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 2 ao 29 de xullo de 2017, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
- Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
- Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e nas súas disciplinas asociadas.
Proxectos:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Almería, Universidae de Burgos, Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Grana Canaria, Universidade de oviedo, Universidade Politécnica de Cartaxena, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Politécnica de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", 
Ter unha nota media no curso escolar 2017-2018 igual ou superior a 8,5 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos de participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas.
Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación
Haberá 4 quendas de participación entre os días 30 de xuño e o 27 de xullo de 2019.
Os campus científicos desenvolveranse en varias universidade españolas, entres elas a de Vigo e a de Santiago.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2019 ás 13:00h.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2019 e en www.campuscientificos.es 
http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html

Convócanse 20 prazas para participar, durante 13 días, no "High- School Students Internship Programme (HSSIP)"

High-School Students Internship Programme (HSSIP) na sede do CERN en Xenebra

Convócanse 20 prazas para participar, durante 13 días, no "High- School Students Internship Programme (HSSIP)".
Requisitos:
- Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 4º curso de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", do sistema educativo español.
- Ter cumpridos 16 anos con anterioridade á data de inicio do desenvolvemento do Programa, 29 de setembro de 2019.
- Obter unha nota media de 10,00 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2017-2018. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.
- Estar en posesión de titulación ou certificación de, polo menos, Nivel  B1 de inglés, conforme á escala establecida no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).
Datas:
O "High- School Students Internship Programme (HSSIP)", desenvolverase entre o 29 de setembro e o 12 de outubro na sede do  CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear, en Xenebra (Suíza).
Contía da axuda:
CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear, financiará os gastos seguintes:
- Ata 500  CHF (francos suízos) por axuda en concepto de viaxes, incluíndo ida e volta. Este importe é o importe máximo que cobre  CERN, polo que se o total do custo da viaxe de ida e volta fose superior, a diferenza será por conta do/a participante no programa.
Aloxamento en cuarto dobre, nas instalacións do  CERN en Xenebra.
- Ata 36  CHF para manutención por persoa e día, mediante vales de comida ou documento similar.
- Pase/tarxeta do transporte público de Xenebra, durante as dúas semanas de duración do Programa.
- Materiais para o desenvolvemento do Programa.
Os/ as participantes viaxarán acompañados/ as, desde o punto que a organización determine como punto tanto de encontro para iniciar a viaxe de ida a Xenebra como de finalización do mesmo ao seu regreso a España, por dous docentes que lles acompañarán e guiarán durante o desenvolvemento do Programa.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 13:00 horas (hora peninsular) do día 1 de abril de 2019
Solicitudes:  www.campuscientificos.es
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2019 e en www.campuscientificos.es

Conecta con Galicia, para á mocidade da Galicia exterior

Conecta con Galicia, para á mocidade da Galicia exterior
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
O programa Conecta con Galicia desenvolverase na modalidade de aire libre:
Convócanse 174 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, en dúas quendas de 10 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, para a realización das seguintes actividades:
- Cultura e camiño. As persoas participantes aloxaranse cinco días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
- O mar de Galicia. Os cinco días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.
Requisitos das persoas participantes:
- Ter residencia habitual fóra de Galicia.
- Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
- Ter nacionalidade española.
Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España.
As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2019, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos.
- Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
- Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.
- Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930A
Máis información no DOG do 20 de marzo de 2019 e en http://emigracion.xunta.es

1ª Feira da Xuventude


Inscrición para reservar unha caseta: https://goo.gl/forms/XM5bsQlL4BkYJbND3
É necesario cubrila para reservar a caseta gratuíta, unha vez reservado o espazo e aprobada a proposta de actividades recibirán por parte de FECAE o contrato e demais documentación definitiva.

E si che gusta o cine etnográfico...

14 MICE-Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

O Museo do Pobo Galego organiza a 14 MICE-Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que terá lugar do 25 ao 31 de marzo.
sección Impropias, que xirará arredor da temática das fronteiras, estreará en Galicia películas da artista suiza Ursula Biemann e da cineasta e teórica vietnamita Trinh T. Minh-Ha.
  Performing The Border, de Ursula Biemann
  Surname Viet Given Name Nam, da cineasta vietnamita Trinh T. Minh-Ha
  Europlex de Ursula Biemann e Angela Sanders
  Mapping Journey #1, #2 e #3 da artista Bouchra Khalili
  Tout le monde aime le bord de la mer, da cineasta galega Keira Espiñeira
  Hyohakusha (camiñante sen rumbo), de Xisela Franco e Anxela Caramés.
Trazas, sección programada polo Cineclube de Compostela, elaborou unha selección de películas que se centran na relación da música coa etnografía, con protagonistas que van de Peret a Judas Priest, ou os instrumentos tradicionais cubanos.
  Afro-American Work Songs in a Texas Prison, da directora americana Toshi Seeger
  The End of an Old Song, do musicólogo John Cohen
  Y tenemos sabor, de Sara Gómez.
  The Wigan Casino, de Tony Palmer
  Heavy Metal Parking Lot, de Jeff Krulik e John Heyn
  I sing the Desert Electric, de Christopher Kirkley
  Petites Planètes_ volume 5_ Peret de Vincent Moon Pola outra
  Rexistro[7]telephones rouges nun cuarto, de Rubén Domínguez.
  Alentejo Alentejo, do director brasileiro Sérgio Trefaut.
Completa esta programación un taller familiar:
Facemos cinema sen cámara. Obradoiro creativo de cinema para familias.
HORARIOS:  Sábado 30 e domingo 31 de marzo ás 11:00 no Museo do Pobo Galego.
PÚBLICO:  nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e familias.
PRAZAS:  25 – 30.
PREZO:  4€ materiais por participante, redución por máis dunha crianza da mesma familia a 3€ por persoa.
Persoas desempregadas e socias/os do Museo: de balde.
INSCRIPCIÓN PREVIA (por orde de chegada): servizosdeac@museodopobo.gal

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.
O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de marzo ao 3 de abril de 2019.
Modalidade:  teleformación.
Duración:  60 horas edición.
Edicións:  tres.
Datas:  do 23 de abril ao 21 de xuño de 2019.
Proba final presencial:  o día 21 de xuño ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas.
Prazas:  75 por edición.
Contido:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2019 e en https://egap.xunta.gal

Axudas ao asociacionismo e a participación das mulleres

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:
- Liña 1:  consolidación do movemento asociativo, para compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
- Liña 2:   promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Requisitos:
- Ter domicilio social en Galicia.
- Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Ter presentada a memoria de actividades (relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres), con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. 
- As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI437A
Máis información no DOG do 22 de marrzo de 2019 e en http://igualdade.xunta.es

Axudas á convivencia relixiosa

Axudas á convivencia relixiosa
A Fundación Pluralismo e Convivencia convoca axudas a Asociacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades dirixidas a promover o coñecemento e o acomodo da diversidade relixiosa nun marco de diálogo, fomento da convivencia e loita contra a intolerancia e o discurso de odio para o ano 2019.
Prazo: 6 de maio de 2019
Máis información: BOE do 16 de marzo de 2019

Xeración 2020


Chega unha nova edición de Xeracións, a convocatoria dirixida a artistas emerxentes. Se tes un proxecto de calquera manifestación artística, plástica ou visual esperando a facerse realidade, podes envialo ata o 22 de abril.
Xeracións xorde no ano 2000 co obxectivo de ofrecer unha plataforma, dedicada á arte actual, para mostrar o traballo de mozos creadores e difundir anualmente estas propostas artísticas entre a crítica especializada e o público xeral.
A Fundación  Montemadrid posibilita, aos creadores menores de 35 anos, desenvolver un amplo proxecto, que pode non estar finalizado, permitindo aos xurados deterse nos procesos creativos. O resultado é unha exposición na que se mostran os oito proxectos gañadores de Xeración 2020 que serán presentados no mes de febreiro do próximo ano na Casa Encendida.
Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.
Cada participante presentará un traballo inédito, que pode estar ou non terminado, de calquera manifestación artística, plástica ou visual. O proxecto presentado á convocatoria premiado polo xurado non poderá variar da obra exposta na mostra.
prazo para a total finalización do traballo será decembro de 2019. Se o proxecto presentado xa está finalizado, non debe ser anterior ao ano 2018 e non pode mostrarse previamente, nin facelo ata a inauguración da exposición.
Os participantes inscribiranse a través de www.lacasaencendida.es  Deberán encher un formulario e achegar a seguinte documentación: un CV e DNI ou tarxeta de residencia en formato pdf, un resumo do proxecto que presentan (máximo 1500 caracteres, espazos incluídos) xunto con material gráfico da parte do proxecto plástico ou visual que xa este producida e calquera tipo de debuxo, esquema, ilustración se non o está, tal e como se solicita na Web. A organización admitirá nesta convocatoria todo tipo de traballos visuais sen limitacións artísticas nin técnicas.
Os artistas cuxos traballos sexan seleccionados obterán unha dotación de 10.000 euros cada un. 
Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.
Máis información www.fundacionmontemadrid.es

VII Concurso Escolar de Poesía

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentaron a sétima edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro.
Haberá tres niveis de participación: 
1º ciclo da ESO (1º e 2º)
2º ciclo da ESO (3º e 4º)
Bacharelato.
As obras han de ser orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.
As persoas que desexen participar poden enviar os seus textos ata o 18 de maio e o fallo do concurso farase público o día 31 de maio. A entrega dos premios terá lugar o día 7 de xuño nun acto poético-musical na Casa-Museo, onde participarán os propios premiados e premiadas. E o 14 de xullo presentarase o libro cos poemas finalistas.
Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad e haberá dous áccesit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.

Contos sobre rodas

Contos sobre rodasALSA convoca a 19ª edición do concurso de relatos breves "Contos como unha seda".
As obras deberán ser orixinais e inéditas e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar. A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografiados por unha soa cara cunha extensión máxima de 3.000 palabras.
As obras deberán ser enviadas por duplicado á seguinte dirección: Presidente dos Xurado "Contos como unha seda" ( R/ Miguel Fleta 4. 28037 Madrid). Ou ben por correo electrónico á dirección: cuentosobreruedas@alsa.es
prazo de presentación das obras estará aberto ata o 20 de maio de 2019.
Poden participar no concurso cuantos autores deséxeno, cunha ou máis obras escritas en castelán.
Premio:  6.000 euros.

Máis información www.alsa.es

XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares convocan o XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares.

Poderán participar todas as persoas autoras, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega e acordes coa normativa oficial vixente. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Os orixinais presentaranse por quintuplicado acompañados dun CD, onde se incluirá a obra en formato PDF. O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 300 versos e cun máximo de 800. Deberanse remitir, antes do 3 de maio de 2019, ao seguinte enderezo: XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares, Concello da Estrada, praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada, Pontevedra. 

Con cada orixinal, que se deberá entregar baixo lema, xuntarase nun sobre pechado o nome completo, a copia do DNI, o enderezo e o teléfono do autor ou autora.
O premio será de 2.000 €.
Prazo: 3 de maio de 2019

XXX Premio Literario Camilo José Cela

XXX Premio Literario Camilo José Cela
O Concello de Padrón convoca o Concurso de Narrativa "XXX Premio Literario Camilo José Cela"
Os relatos terán unha extensión de 12 a 25 folios,  mecanografiados ou escritos en formato  word, a dobre espazo, con tipo de letra Arial e tamaño 12. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou castelán.
prazo de entrega dos relatos estará aberto ata o 15 de xullo de 2019.

Presentaranse no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello de Padrón (tamén se poderán enviar por correo postal) situado na planta baixa da casa consistorial, na dirección Rúa  Longa  n° 27, 15900, Padrón (A Coruña), por  quintuplicado exemplar, sen firma e cun lema. Achegarase ademais un sobre pechado no que figure por fóra dito lema e dentro indicarase o nome, apelidos, D. N.I, teléfono e dirección de correo electrónico e dirección de correo ordinario do autor ou autora do traballo e unha declaración asinada polo mesmo ou a mesma de que o relato se axusta ás normas establecidas na base segunda. Só se abrirá o sobre do traballo premiado.
Premio de 1.500 € e unha figura do escritor Camilo José Cela.

The future of work and youth

Guía elaborada pola European Youth Forum.
10 Rue de L’Industrie,
1000, Bruxelles,
Belgium – Belgique
www.youthforum.org

martes, 19 de marzo de 2019

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019.
O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.
Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.
Requisitos para participar:
- Ter entre 18 e 30 anos 
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.
As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.
Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.
Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Máis información:
Teléfono: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO 2019:
Días 15, 16 e 17 de marzo:
Zona: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento: 
 Albergue xuvenil de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 15 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 17 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 29, 30 e 31 de marzo:
Zona: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento:
 Albergue de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 29 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 31 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 22, 23 e 24 de marzo:
Zona: RESERVA DA BIOSFERA FRAGAS DO MANDEO (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento: 
 Albergue de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 22 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 24 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 5, 6, 7 de abril:
Zona: PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento: 
 Hostal Áncora r/ Alcalde Fernández Bermúdez 5, 15950 Ribeira
 Hora de chegada 19:00 do día 5 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 7 de abril
 Formulario de inscrición
Días 5, 6 e 7 de abril:
Zona: ILLA DE SÁLVORA (máximo 10 persoas)
 Punto de encontro: Peirao de Aguiño, 15965 Aguiño (Ribeira)
 Hora de chegada: 17:30 do día 5 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 7 de abril
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 12, 13 e 14 de abril
Zona: PARQUE NATURAL DE BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS (máximo 20 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: Centro de interpretación do Parque Natural de Baixa Limia- Serra do Xurés , Estrada de Portugal 34,  32870 Lobios (Ourense): goo.gl/maps/4tdNLWgtVuK2 
 Hora de chegada 19:00 do día 12 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 14 de abril
 Aloxamento: en Muiños, 
 Formulario de inscrición
Días 17, 18,19 e 20 de abril (Semana Santa)
Zona: PARQUE NATURAL DE ANCARES (máximo 20 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro e aloxamento: Mesón Novo, Campa da Braña, Os Ancares, 27664 Cervantes
 Hora de chegada 20:00 do día 17 de abril ou 10:00h do 18 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 20 de abril
 Formulario de inscrición
Días 29, 30 de abril, 1, 2 e 3 de maio:
Zona: ILLA DE CORTEGADA (máximo 10 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Carril
 Hora de chegada 10:00 do día 29 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 3 de maio
 Formulario de inscrición
Días 6,7,8 9 e 10 de maio:
Zona: ILLAS CÍES (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Vigo, Rúa das Avenidas 1, 36202 Vigo
 Hora de chegada 10:00 do día 6 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 10 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 13, 14, 15, 16 e 17 de maio:
 Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 10:00 do día 13 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 17 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 20,21 22 23 e 24 de maio:
Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 10:00 do día 20 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 24 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
 Día 31 de maio, 1, 2 de xuño:
 Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 19:00 do día 31 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 2 de xuño
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Día 25 de maio:
Zona: PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA (máximo 10 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e catalogación
 Punto de encontro:
 Centro de visitantes do P. N. Serra da Enciña da Lastra, Praza dos Bolos s/n Biobra, 32004 Rubiá 
 Hora de chegada 10:00 do día 25 de maio
 Hora de regreso: 19:00h do 25 de maio
 Formulario de inscrición

XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas

XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas
Galego sen fronteiras. Cursos de galego destinados a persoas de fóra de Galicia
Niveis:  elemental, medio e superior
Datas:  2-24 de xullo de 2019
Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos.
O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2019.
O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal
Bolsas:  A organización ofrece 48 bolsas por un importe de 350€ para persoas residentes fóra de Galicia e 4 bolsas de 500€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 10 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica.

Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa


Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa
O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2019 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2016-2017, convocadas no BOE do 11 de agosto de 2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Curso 2017-2018, convocadas no BOE do 3 de agosto de 2017, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Dotación:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante
Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar nun curso de axilidade oral en inglés cunha duración de cinco días e que se desenvolverá en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado ao mediodía, nalgún dos seguintes emprazamentos: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, A Liña da Concepción, Barcelona, Pirineos e Cartaxena.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html

Bolsas para idioma en Letonia


A Axencia  Letona para o Desenvolvemento da Educación Pública convoca bolsas de estudo e investigación para o ano académico 2019/2020 así como bolsas para escolas de verán 2019.
prazo estará aberto ata o 1 de abril de 2019

Axudas a fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero



A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
As axudas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal 
prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 14 de marzo.

IV Concurso musical “Quero Cantar”


IV Concurso musical “Quero Cantar”
A Deputación da Coruña convoca o IV Concurso musical “Quero Cantar”

Pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. 

En función das idades establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Categoría B. Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Para a categoría A permítese que, incluída no límite de 12 participantes, haxa unha persoa que supere o límite de idade.
Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, tamén se permite unha persoa que supere o límite de idade
Premios:
Premios 1ª Fase do concurso:
5 primeiros clasificados en cada categoría: Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19
Premios da Gala final:
1º clasificado en cada categoría:
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.500 €.
2º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.000 €.
3º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 500 €.
O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 15 de outubro de 2019, ás 14:00 h..
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en www.querocantar.gal

XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”

XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”
A Deputación da Coruña convoca o XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e
que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro
premio ou certame.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil
ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na portada a seguinte
inscrición: XIII Premio “Raíña Lupa”, de Literatura Infantil e Xuvenil, título da obra e lema ou pseudónimo; o tratamento de
texto será Word, OpenOffice ou PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados,
tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada nun sobre á parte; no exterior do sobre figurará
o título da obra e o lema ou pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo,
teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi
premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 5 de abril de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/lupa/