lunes, 18 de febrero de 2019

Cando hai que ir por primeira vez ao xinecólogo/a?

Cando hai que ir por primeira vez ao xinecólogo/a?

Artigo publicado no suplemento YES da Voz de Galicia do 2 de febreiro de 2019, nel Noa Tilve, psicóloga e coordinadora dos centros Quérote+ fala das charlas impartidas en centros educativos a adolescentes e das dúbidas e inquietudes expostas polos mozos e mozas que acuden a estas charlas.
Podes contactar cos centros Quérote+ a través de WhatsApp no 647 018 752

domingo, 17 de febrero de 2019

Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:
  1. alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
  2. alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato
Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o 15 de febreiro de 2019
Pódense consultar as bases completas do concurso no PDF que se anexa.
Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos:
Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360
Asesoría de Igualdade (C. Educación): 881 997 598

viernes, 15 de febrero de 2019

Concurso. Nova edición de Lingua de namorar 2019

Nova edición de Lingua de namorar 2019
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal deste concurso, organizado conxuntamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres.

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Tablet SPC Gravity PRO
  • Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
  • Altofalante portátil DAEWOO

Categoría B (de 20 a 35 anos):

  • Ordenador portátil HP
  • Sistema de son NEVIR
  • Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO

Prazos de participación e votación

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.
Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
As mensaxes gañadoras poderán consultarsenesta mesma páxinaa partir do 18 de marzo.

Para máis información, podes consultar as bases do concurso.

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España:
- Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí.
- Marrocos: Atlas trekking solidario.
- Marrocos: trekking costa solidario
- Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas.
- Traballo con nenos  talibés en Senegal.
- India: a orixe do Ganges
Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/?ref=bookmarks
PIJ Viento Norte Sur
www.vientonortesur.org

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia

A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.
Beneficiarias
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2019 e en https://www.cultura.gal/es

Proxectos de Xuventude no exterior

Proxectos de Xuventude no exterior

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións aos seguinte programas:
Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.
Proxectos subvencionables promovidos pola xuventude que teñan relación con Galicia:
1. Formación específica da mocidade na xestión das entidades galegas e das institucións e asociacións sen fins de lucro e mellora de habilidades directivas.
2. Intercambios xuvenís de grupos da mocidade pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.
3. Formación específica da mocidade para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.
4. Promoción de actividades deportivas que fomenten a relación entre a xuventude de orixe galega.
5. Creación e apoio de grupos de teatro, música e danza.
6. Realización de actividades culturais relacionadas con Galicia (cursos, ciclos de conferencias, mostras, ciclos de cine galego ou de teatro, concertos) destinadas especificamente ao conxunto de mozos e mozas da colectividade.
7. Creación de foros de debate e intercambio cultural entre a mocidade da emigración e a mocidade galega, así como entre intelectuais, científicos e expertos en diversos eidos de Galicia e do país onde estes foros teñan lugar.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de marzo de 2019
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co procedemento PR924B
Máis información no DOG do 11 de febreiro de 2019 e en http://emigracion.xunta.gal

Buscamos un logo para a rede de información xuvenil


Buscamos un logo para a rede de información xuvenil

A Rede Galega de información xuvenil, cumpre en marzo 25 anos da súa creación.
O logo identificativo desta Rede creouse no ano 1994.
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado quere contar coa participación de todas e todos os Correspondentes Xuvenís para adaptar o logo actual aos novos tempos, cun deseño máis moderno e vangardista. Por iso, animámosvos a participar neste concurso de ideas para diseñar un logo, tendo en conta que os correspondentes sodes o primeiro chanzo na tarefa conxunta de promover e achegar a información xuvenil á mocidade.
Cada centro poderá presentar un número máximo de tres logos.
O logo que sexa seleccionado utilizarase no Encontro Autonómico de información xuvenil “25 Anos da Información Xuvenil” .
O/a correspondente ou correspondentes gañador/a obsequiarase con material da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Presentación: Os logos presentados enviaranse ao correo: ccoordinador.xuventude@xunta.gal
Co envío do logo, debe engadirse o centro, e o nome do correspondente ou correspondentes participantes.
O prazo de presentación dos logos está aberto ata o 14 de marzo de 2019.
LOGO RIX

Este é o logo que cumpre anos...

 Máis información:
Centro Coordinador de información xuvenil: 881 997 606
informacion.xuventude@xunta.gal