A Deputación Provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar aos novos valores nos distintos ámbitos das artes plásticas, convoca o XV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.). Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase utilizar calquera tipo de técnica e material. Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
- Pintura: non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
- Escultura: terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.
- Gravado e outras expresións artísticas: Medidas libres

As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de xuño de 2019.
Requisitos: Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
Dotación
Primeiro premio: 3.000 euros
Segundo premio: 2.000 euros
Terceiro premio: 1.000 euros
Dous accésits de 500 euros cada un

No hay comentarios:
Publicar un comentario