domingo, 9 de junio de 2019

Subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove


No DOG do 31 de maio de 2019 publicanse as subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Premios extraordinarios de ESO


A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio estará dotado con 750 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos:
Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos
A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte, o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas de tres materias do currículo de cuarto curso: 
– Xeografía e Historia.
– Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
– Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde o día 6 de xuño de 2019 ata o día 5 de xullo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D
Máis información no DOG do 29 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.es

Habilitación de guías de turismo especializados de Galicia


A Axencia Turismo de Galicia convoca os exames para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo de Galicia no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
- Posuír algún dos seguintes títulos:
1º. Ciclo formativo de grao superior de formación profesional ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.
2º. Grao ou diplomatura universitaria ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.
3º. Mestrado oficial universitario, licenciatura ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.
4º. Gran diploma de xestión e dirección de empresas hoteleiras.
5º. Diploma de xestión de empresas hoteleiras.
6º. Diploma superior en xestión hoteleira.
- Acreditar o dominio das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e dalgunha lingua estranxeira, salvo que se opte por realizar a correspondente proba de idiomas
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de xuño de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU951C
Máis información no DOG do 27 de maio de 2019 e en www.turismo.gal 
xuridico.turismo@xunta.es

Premios literarios NORTEAR


A Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan a V edición do premio literario Nortear
Poden participar no premio Nortear todas as persoas, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.
Premio
1. O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros 
2. As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
3. Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.
Presentación das obras
As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf, Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento de datos (pendrive ou similar).
As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a autor/a.
As obras presentadas teñen que vir acompañadas dun sobre pechado, identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
  a) Identificación do concorrente: nome completo; identificación fiscal; enderezo completo (envío de declaración do domicilio de residencia do participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
  b) Declaración asinada polo/a participante en que se mencione que a obra presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de todos os dereitos de explotación da obra que se presenta a concurso, sen excepción, así como de que estes dereitos non están cedidos, baixo ningunha condición, e onde se asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A non inclusión da dita declaración será motivo de exclusión automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
  c) Autorización asinada para a publicación da obra.
Cada candidato/a non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.
Características dos orixinais
Os orixinais serán presentados en texto impreso, en formato A4, paxinado e procesado a espazo 1.5, letra tipo Times New Roman, tamaño 12.
Debe ter como límite mínimo 5.000 palabras e como máximo 8.000.
Lugar e prazo de entrega
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 Bouzas – Vigo
arodrigues@gnpaect.eu
Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata o 28 de xuño de 2019 (incluído).
No sobre farán constar:
Premio literario Nortear
Novos Escritores
Galicia - Norte de Portugal
Máis información:
http://www.cultura.gal  e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/portal/

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia


Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, participación e Voluntariado presentou o programa SON Voluntaria que pretende fomentar a participación activa da mocidade nos festivais de música de Galicia.
SON Voluntario/a nace coa finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e vivirán a experiencia do festival desde dentro.
Algunha das tarefas das que se encargarán son: ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental. Cómpre destacar que as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día.
As mozas e mozos voluntarios recibirán un bono de acceso ao festival ao que acudan, facilitado polos organizadores de cada evento. Ademais, contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil, que correrá por conta da devandita Dirección Xeral.
Os participantes deberán ter unha idade entre 18 e 30 anos e terán que estar empadroados nalgún concello de Galicia. Previamente, todas as persoas seleccionadas deberán superar un curso básico sobre voluntariado que estará dispoñible na páxina web http://www.voluntariadogalego.org. A maiores, terán que asistir a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestión de organización, solucionar dúbidas e repartir as identificacións necesarias.
As mozas e mozos que queiran participar como voluntarios/as en festivais de Galicia poderán inscribirse no programa SON Voluntario/a a través do formulario que estará dispoñible na páxina web de Voluntariado, para cada un dos eventos.

Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?


A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.
Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica. 
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza.
Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos: Bacharel, Técnico superior, Título universitario, Certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza.
A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A
Datas das probas:
A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela:
a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas
b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:
a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.
b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
c) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 10.00 horas.
d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.
e) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.
f) Na modalidade de Vela, o día 13 de setembro, ás 11.30 horas, nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa
Que deporte podes estudar?:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1550
Máis información no DOG 7 de xuño de 2019 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212

Voluntariado europeo en Tbilisi, Xeorxia


O Instituto de Cambios Democráticos - IDC de Tbilisi en Xeorxia busca voluntarios para un proxecto "Impact in and out" do Corpo Europeo de Solidariedade.
Ao principio, os voluntarios/as recibirán unha formación sobre como traballa a organización, as súas accións, a historia e cultura da organización, proxectos anteriores e futuros. Ademais, os/ as voluntarios/ as recibirán información xeral sobre Tbilisi e Xeorxia.
Cada semana os voluntarios terán unha reunión informativa con coordinador, mentor e persoal para avaliar as semanas anteriores e para planificar as próximas actividades
Os voluntarios asistirán ás clases de idioma xeorxiano: en primeiro lugar, terán clases con profesor privado durante 4 meses, e logo se desexa,  IDC ten voluntarios locais, que estudan pedagoxía e poden ensinar xeorxiano aos/ as voluntarios/ as
Nome do proxecto:  "Impact in and out"
Datas:  do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2019
Documentos requiridos:  CV e Vídeo.
Data límite para enviar os documentos requiridos:  11 de xuño de 2019.
Nun vídeo de 2 minutos debes demostrar as túas habilidades e describilas. Cal é a túa motivación e por que deberían elixirche? 
Envía os documentos ao seguinte correo electrónico: contact@icpi.ge
Pon o nome do proxecto, o teu nome e apelido na liña de "Asunto"

As políticas de emprego xuvenil a exame

Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo
A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo. 
A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018.
Convídase a todos os cidadáns e organizacións a achegar a súa contribución a esta consulta. Agradeceranse especialmente as contribucións de: 
- Mocidade, sobre todo aqueles que non estudan, traballan nin reciben formación, independentemente de que estean a recibir ou non apoio do Fondo Social Europeo ou da Iniciativa de Emprego Xuvenil
- As organizacións que participan na xestión dos programas operativos do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, como os Estados membros, as autoridades de xestión, os organismos intermedios e os interlocutores sociais e doutro tipo
- As organizacións que participan na execución das operacións do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil como beneficiarios ou socios de proxectos: organismos públicos, organizacións non gobernamentais e municipios
- Outras organizacións que representan aos mozos ou traballan con eles, ou que están activas a nivel local, nacional ou da UE no ámbito do apoio ao emprego e as políticas activas do mercado de traballo.
A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea.


Axudas Injuve para a Creación Nova 2019


O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección  suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala  Amadís do Instituto da Mocidade.
Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Produción de obra e Mobilidade de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala  Amadís do Instituto da Mocidade, o día 31 de decembro do ano 2019
Contía:
A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís.
O Dossier de proxecto: 
Nel deberá constar: A descrición conceptual, técnica e de execución do proxecto; o calendario previsto de realización durante o ano 2020; o orzamento total estimado de execución do proxecto; e no seu caso, relación doutras axudas e subvencións solicitadas ou recibidas para o mesmo proxecto que se solicita a Axuda.
Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadores presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións, etc. na que se queira realizar o proxecto. Nos casos de produción de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc. achegarase tamén a carta de compromiso.
Dossier de traballos realizados. Poderanse incluír enlaces web para o  visionado das obras, perfís de redes sociais, ou calquera outro medio no que se poidan consultar os traballos realizados.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2019 e en www.injuve.es

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"


A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.
Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño". Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago.
prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019.
1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos. O tema de fondo será “A vida como camiño” e deberá manter unha vinculación explícita ou implícita co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario.
3. Será outorgado un único premio dotado con 1.500 €. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. O gañador ou gañadora recibirá dez exemplares da obra publicada.
4. Cada autor ou autora poderá presentar só unha obra ao concurso.
5. Os autores remitirán as súas obras á seguinte dirección:
Academia Xacobea
Pazo de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela. A Coruña
- De cada obra presentaranse dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo.
Os exemplares deberán ser presentados anonimamente e enviaranse nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o título da obra, especificando: PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO”.
- O sobre deberá conter, ademais, outro sobre pechado dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico e breve currículo (non máis de dez liñas), e unha declaración expresa de que a obra non ten sido premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin foi obxecto de publicación.

XV Certame Artes Plásticas Diputación de Ourense


A Deputación Provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar aos novos valores nos distintos ámbitos das artes plásticas, convoca o  XV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.). Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase utilizar calquera tipo de técnica e material. Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura:  non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura:  terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.
Gravado e outras expresións artísticas:  Medidas libres
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Prazo de presentación de solicitudes:  ata o 15 de xuño de 2019.
Requisitos:  Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
Dotación
Primeiro premio: 3.000 euros
Segundo premio: 2.000 euros
Terceiro premio: 1.000 euros
Dous accésits de 500 euros cada un

Premio Impulsarte by Petit Palace


Ata o próximo 23 de xuño queda aberta a convocatoria para o Premio Impulsarte by Petit Palace dirixido a artistas de ata 35 anos de idade e residentes en España.
Entre 10 e 15 finalistas terán a oportunidade de formar parte dunha exposición colectiva como parte da programación de  HYBRID Festival do 13 ao 15 de setembro no hotel  Petit  Palace  Savoy Alfonso  XII, un hotel situado nun antigo palacete do século XIX en Madrid.
Durante os días da exposición, un xurado de expertos do mundo da arte valorará as obras e escollerá como gañador a un dos artistas. O premio consiste nun só  project en  HYBRID  Fair 2020 e un premio en metálico de 1.000 euros.
Aceptaranse traballos en pintura, escultura, obra gráfica orixinal, fotografía,  videoarte ou instalación. No caso de que se trate de obra tridimensional ou obra de especiais características, a solicitude deberá acompañarse das instrucións necesarias para a montaxe. Cada artista poderá presentar de 1 a 3 pezas. A aceptación de múltiples pezas realizarase a condición de que haxa unha coherencia entre as mesmas (pertenzan á mesma serie ou se complementen).
O gañador do Premio Impulsarte by Petit Palace comprométese a participar na cuarta edición de HYBRID Art Fair que terá lugar do 28 de febreiro ao 1 de marzo de 2020 no hotel Petit Palace Santa Bárbara.
Requisitos
A participación está aberta a artistas de calquera nacionalidade, residentes en España e ata os 35 anos de idade incluídos. Poderán volver presentarse artistas seleccionados en anteriores edicións da convocatoria pero quedan excluídos os artistas que xa gañasen o premio noutra ocasión.
Dotación: O premio consiste nun só  proxecto en HYBRID Fair 2020 e un premio en metálico de 1.000 euros.
Máis información: festival@hybridart.es e www.hybridfestival.es