martes, 19 de marzo de 2019
Formación de aprendices en obradoiros artesáns
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices durante un período máximo de 12 meses.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os obradoiros artesáns que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN201K
Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2019 e en http://artesaniadegalicia.xunta.gal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario