viernes, 29 de marzo de 2019

Conecta con Galicia, para á mocidade da Galicia exterior

Conecta con Galicia, para á mocidade da Galicia exterior
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
O programa Conecta con Galicia desenvolverase na modalidade de aire libre:
Convócanse 174 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, en dúas quendas de 10 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, para a realización das seguintes actividades:
- Cultura e camiño. As persoas participantes aloxaranse cinco días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
- O mar de Galicia. Os cinco días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.
Requisitos das persoas participantes:
- Ter residencia habitual fóra de Galicia.
- Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
- Ter nacionalidade española.
Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España.
As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2019, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos.
- Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
- Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.
- Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930A
Máis información no DOG do 20 de marzo de 2019 e en http://emigracion.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario