martes, 10 de marzo de 2015

VI concurso de viñetas “Elas” con motivo do 8 de marzo “Día da Muller”

A Deputación da Coruña convoca o VI concurso de viñetas “Elas” con motivo da conmemoración do 8 de marzo “Día da Muller”

Poderán participar todas as persoas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.


Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita escrita en galego e non premiada con anterioridade.

Temática:
Os traballos presentados deberán versar sobre o papel da muller no sector primario, polo que se poderá traballar en:
Visibilización e dignificación do papel da muller pola súa contribución ao desenvolvemento económico no sector primario:
gandeiro, agrícola, pesqueiro, forestal, etc.
Detección de desigualdades de xénero na división tradicional e desenvolvemento do traballo neste sector.
Reivindicación dos dereitos das mulleres que desenvolven a súa actividade produtiva en actividades ligadas á contorna.
Reflexión sobre a distribución das propiedades das explotacións e o acceso ás terras por parte das mulleres.
Empoderamento deste colectivo de mulleres.
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero.

Formato:
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de 6 viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.

Premios:
CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos):
Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos):
Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

Forma de presentación: 

Os traballos entregaranse nun sobre pechado (1), no exterior do sobre indicarase VI concurso de viñetas “Elas”, categoría na que se presenta (categoría A para persoas de entre 12 e 14 anos, e categoría B para persoas entre 15 e 18 anos) e un pseudónimo como identificador do traballo.
Dentro deste sobre irá o traballo e un sobre pechado (2) co pseudónimo no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal (anexo 1) cos datos requiridos.

O prazo de presentación dás solicitudes estará aberto ata o 28 de agosto de 2015.

Máis información non BOP da Coruña do 6 de marzo de 2015 e en www.dicoruna.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario