jueves, 19 de marzo de 2015
D3mobile. Campionato Internacional de Modelado 3D
A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil: "d3mobile.es Metrology World League". A extracción de información matemática precisa e eficaz do noso ámbito resulta clave para o seu correcto estudo, e é neste punto onde a fotogrametría se presenta como unha opción de grande interese. Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio teléfono móbil. O Campionato desenvolverase a través da Web http://www.d3mobile.es/
Durante o transcurso de Campionato realizaranse tres exercicios obrigatorios que farán uso de programas específicos gratuítos e de Internet. O primeiro dos exercicios está orientado á formación dos escolares, mentres que os dous seguintes serán cualificables de cara á consecución do premio final.
Os obxectivos principais do Campionato serán simular e estimular a capacidade investigadora dos escolares para que reflexionen sobre a súa importancia na resolución dos problemas do noso ámbito e a importancia da toma de decisións sobre a base da análise dos resultados obtidos nun proceso experimental.
A inscrición formalizarase en dúas partes. A primeira realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/. E a segunda, a través da páxina oficial do programa Autodesk 123 D Catch (http://www.123dapp.com/catch).
O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.
Poderán participar neste Campionato todos os alumnos de Centros de Ensino de calquera país do mundo, con idades comprendidas entre os 15 e 17 anos.
Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos e un profesor responsable que será o líder. Un mesmo profesor poderá tutelar tanto equipos como grupos de 2 a 4 alumnos sexa capaz de formar, deste ou de diferentes cursos, (ata un máximo de 6 equipos). En calquera caso, só se concederá un premio por centro escolar sobre a base da puntuación total lograda.
O profesor será o encargado de cumprir os formularios de inscrición dos equipos aos que lidere. Deberá completar a información co número de alumnos por equipo antes do peche do período de inscrición.
Probas
As probas do Campionato poderanse iniciar no momento en que calquera aspirante a participar descargue da web www.d3mobile.es as instrucións da primeira proba.
Só se aceptará un traballo por equipo e proba, é dicir, a resolución de cada exercicio debe ser única, e ademais, unha vez enviada non poderán efectuarse cambios.
1ª Proba
Trátase dun exercicio que permitirá aumentar as posibilidades de gañar o campionato xa que é de carácter formativo e de autoavaliación. Axudará, polo tanto, a que os estudantes se familiaricen coas técnicas de modelado 3D con teléfono móbil que empregarán na realización das seguintes probas. Este exercicio non será cualificable para o premio final, pero a consecución duns bos resultados, é fundamental para a correcta execución das dúas seguintes probas.
2ª Proba
A finalidade da segunda proba será a de extraer as coordenadas/medicións de varios puntos dun obxecto estándar. O obxecto en cuestión poderá ser conseguido en calquera parte do mundo. Os alumnos deberán realizar o modelo tridimensional do obxecto e, tras as repeticións e probas que consideren, deberán subir á Web os resultados numéricos que se lles solicite.
3ª Proba
Nesta proba os equipos deberán elixir calquera obxecto do seu ámbito con limitacións en canto ao tamaño máximo (explicarase cales ao inicio da proba) e deberán realizar o modelo do conxunto e realizar algunhas medidas nel. Ademais, deberán georreferenciar o modelo 3D seguindo as instrucións proporcionadas pola organización, e crear un video do modelo. Os alumnos enviarán, polo tanto, tres tipos de resultados neste exercicio: algunhas medicións efectuadas no obxecto, as coordenadas GPS do punto no que desexen georreferenciar o video do modelo 3D e o enlace de YouTube do video (duración máxima de 30 segundos) que se xerará dende o propio programa 123D Catch de forma automática (o video sóbese a YouTube dende o propio programa).
As posibilidades de gañar dependerán da creatividade, a orixinalidade e a calidade das medidas do obxecto seleccionado.
Máis información:
http://www.d3mobile.es/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario