jueves, 19 de marzo de 2015
Actividades de formación en lingua inglesa
A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2015.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
c) Ter acadado no curso 2013/14 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 16 de abril de 2015.
Máis información en www.edu.xunta.es/axudasle e tamén no DOG do 16 de marzo de 2015.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario