domingo, 1 de marzo de 2015

Explícoche Matemáticas 2.0



A Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con educaBarrié convocan Explícoche Matemáticas 2.0

Participantes.
Alumnado  do  Sistema  Universitario  de  Galicia  (Universidade  de  Santiago  de  Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo), procedentes de titulacións de Grao ou Máster, que poderán participar de maneira individual ou en grupos de, como máximo, 3 persoas.
Estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia, en grupos dun máximo de 3 estudantes, coordinados por un profesor/a.

Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0.
Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas. A temática e enfoque pode ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou pode recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social.

É condición indispensable que a lingua empregada sexa o galego.

Os  participantes  poderán  utilizar  calquera  recurso  multimedia,  audiovisual  ou  artístico  para  a realización da curtametraxe.
Os traballos presentados, realizados integramente polos participantes, deben ser inéditos e orixinais.

Material a presentar.
Os concursantes deberán subir a unha canle de youtube o vídeo confeccionado e suministrar un link válido para o visionado da curtametraxe.
Os vídeos deben ter boa calidade tanto visual como de son.
Deberán suministrar os seguintes datos de contacto:
· Categoría na que participa.
· Enderezo electrónico e teléfono.
· Centro ao que pertence e estudos que realiza, se é o caso.
Un informe en formato Word ou PDF cos seguintes datos:
· Título do traballo.
· Breve motivación.
· Nome e apelidos de cada participante (profesor e alumnos).
· Enderezo postal e correo electrónico de contacto.
· Teléfono de contacto.
Deberase achegar autorización para o uso da súa imaxe de cada unha das persoas que aparezan no vídeo de cara á exposición pública do vídeo na páxina web da Facultade de Matemáticas, nas páxinas web propiedade da Fundación Barrié (educaBarrié, Mateblog, etc) e a través das redes sociais

Os proxectos deberán remitirse  ata o 8 de abril de 2015 utilizando o formulario Participa

Envío.
Os proxectos realizados e documentación asociada (link a youtube, informe, DNI do profesor e autorización dos menores) deberán remitirse ata o 8 de abril de 2015 inclusive utilizando o formulario “Participar” da sección correspondente ó certame da web Mateblog.

Categorías, Premios e Xurado.
O Concurso Explícoche Matemáticas 2.0, constará de 2 categorías:
Categoría A: 2º Ciclo da ESO e Bacharelato.
Categoría B: Universidade.

Outorgarase un premio por categoría. Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

O xurado que valorará os proxectos presentados estará integrado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, un docente de ensino medio designado pola CNL, un representante do Servizo de Normalización Lingüística da USC e un representante da Fundación Barrié.

Tamén se recoñecerá o vídeo mellor valorado polos internautas. Unha selección dos vídeos participantes estarán dispoñibles a través da rede para o público en xeral, establecendo un mecanismo de votación na web para designar  o  vídeo  máis  popular, o  que  se  anunciará  a través  da  páxina  web  da  Facultade  de Matemáticas e da web Mateblog.

Os premios serán entregados no mes de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.

O fallo do xurado publicarase na páxina web da Facultade de Matemáticas (http://www.usc.es/mate) e tamén na web Mateblog (http://mateblog.educabarrie.org/) . Aos grupos gañadores, comunicaráselle por escrito.

Máis información:
www.usc.es/mate
http://mateblog.educabarrie.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario