miércoles, 25 de marzo de 2015

Campaña de verán 2015. Oferta concertada de uso das instalación xuvenís.


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2015, que comprende do 15 de xuño ao 30 de setembro de 2015.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
-Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
-Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
-Xerencia e persoal de servizo.

Poderán solicitar o uso das instalacións:
1 As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2 Os consellos locais e municipais de xuventude.
3 Corporacións locais.
4 Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
5 Grupos de mozos e mozas galegos/as non asociados/as que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.

Prazas ofertadas:

A Coruña:    
Albergue xuvenil Mariña Española. Sada:
do 20 ao 31 de agosto, 100 prazas.
Campamento xuvenil Furelos. Melide:
do 14 ao 21 de agosto, 30 prazas.
Campamento xuvenil Virxe de Loreto. Porto do Son:
do 17 ao 28 de xullo, 50 prazas.
do 2 ao 13 de agosto, 80 prazas.
do 14 ao 21 de agosto, 150 prazas.
22 ao 29 de agosto, 150 prazas.
Campamento xuvenil Espiñeira. Boiro:
do 2 ao 13 de agosto, 100 prazas.
do 14 ao 21 de agosto, 50 prazas.
do 22 ao 29 de agosto, 100 prazas.

Lugo:
Albergue xuvenil Area. Viveiro:
do 21 ao 29 de xuño, 120 prazas.
Campamento xuvenil A Devesa, Ribadeo:
do 2 ao 13 de agosto, 30 prazas.
do 18 ao 29 de agosto, 175 prazas.

Ourense:
Campamento Penedos de Xacinto (Entrimo):
do 3 ao 17 de agosto, 100 prazas

Pontevedra:
Campamento xuvenil Illa de Ons. Bueu:
do 10 ao 17 de agosto, 60 prazas.
do 18 ao 29 de agosto, 60 prazas.
Campamento xuvenil Pontemaril. Forcarei:
do 18 ao 29 de agosto, 140 prazas.
Albergue xuvenil As Sinas. Vilanova de Arousa:
do 30 de agosto ao 10 setembro, 120 prazas.

Os prezos das instalacións están publicados no DOG do 30 de decembro de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS304A.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 8 de abril de 2015.
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2015 e no correo ofertaconcertada.benestar@xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario