Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón "Envía as túas mensaxes" e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
- 1º Tablet 4.0, 10,1" de 32 XG + actividade de aventura para dúas persoas
- 2º Disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5" (USB 3.0, 1 TB)
- 3º Videocámara deporte dixital impermeable
Categoría B (de 20 a 35 anos):
- 1º Cámara somerxible Fujifim FinePix XP70 + actividade de aventura para dúas persoas
- 2º Tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6"
- 3º Tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses
Prazos de participación e votación
- O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 22 de febreiro.
- Do 23 ao 27 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 9 de marzo de 2015 nesta páxina web.
Podes consultar as bases completas de Lingua de namorar nesta ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario