domingo, 1 de marzo de 2015

Conecta con Galicia 2015, para a mocidade da Galicia exterior.

A Secretaría Xeral da Emigración convoca oprograma Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares. 

O programa Conecta con Galicia, desenvolveras nas seguintes modalidades:
1. Actividades de aire libre: Convócanse 174 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, en dúas quendas de 12 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, para a realización das seguintes actividades: 
a) Cultura e camiño. Os participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e per- correrán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela
b) O mar de Galicia. Os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Ber- gondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño. 
2. Campos de traballo: convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. Requisitos das persoas participantes: 
a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega. c) Ter nacionalidade española. 
d) Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España. 
e) As persoas participantes en actividades de aire libre deberán ter, o 30 de xuño de 2015, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos. 
f) As persoas participantes nos campos de traballo deberán ter, o 30 de xuño de 2015, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos. 
g) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
h) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano 2015. 
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de marzo de 2015.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930A.
Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2015 e en http://emigracion.xunta.es 



No hay comentarios:

Publicar un comentario