domingo, 1 de marzo de 2015

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.


A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2015.

Ciclos Formativos de Grao Medio: 
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2014/2015.  utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es co procedemento ED312C.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 3 de xuño de 2015.
Poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Ciclos Formativos de Grao Superior: 
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 23 de febreiro e 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2014/15 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro).
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED312D.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 29 de abril de 2015.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e estean nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que se opta

Máis información en www.edu.xunta.es/fp e no DOG do 23 de febreiro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario