A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.
Estas axudas concíbense como unha das medidas para a implantación do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e enmárcanse dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado nunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, no Eixo 5. Medida 8.2.2.8. Están dotadas cun orzamento total de 999.765,72 euros.
Modalidades:
BS324A: AXUDAS INDIVIDUAIS Á MOCIDADE
BS324B: AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
BS324C: AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS
Requisitos para participar nas mobilidades:
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Para inscribirse premer aquí
2. Ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
3. Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
4. Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
5. Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en
inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese
finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o
requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións
educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días
naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015
O período de realización das prácticas formativas non retribuídas abarcará desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as das axudas ata a data límite do 30 de novembro de 2015.
As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non remuneradas.
A duración das prácticas (agás causa de forza maior debidamente acreditada) será:
– Nas axudas individuais á mocidade: 2 meses consecutivos.
– Nas axudas a proxectos presentados por entidades: mínimo 2 meses e máximo 3 meses consecutivos.
Contía das axudas:
|
||||||||||||||||
Custos subvencionables |
Mecanismo financiamento |
Importe |
Norma de asignación |
|||||||||||||
A) Apoio a aspectos organizativos |
Custos unitarios |
350 euros por participante |
Baseada no número de participantes na mobilidade |
|||||||||||||
B) Apoio a necesidades especiais |
Custos unitarios |
200 euros adicionais por participante discapacitado/a |
Condición: a petición de apoio financeiro se deberá motivar na solicitude |
|||||||||||||
C) Apoio á execución do proxecto |
Parte dos custos subvencionables |
100% dos gastos realizados ata un máximo de 5.000 euros |
Condición: a petición de apoio financeiro se deberá motivar na solicitude |
|||||||||||||
|
||||||||||||||||
Pais
|
Contía
|
|
Pais
|
Contía
|
|
Pais
|
Contía
|
|||||||||
Alemaña |
275€
|
|
Francia |
275€
|
|
Noruega |
360€
|
|||||||||
Austria |
360€
|
|
Grecia |
360€
|
|
P. Baixos |
275€
|
|||||||||
Bélxica |
275€
|
|
Hungría |
360€
|
|
Polonia |
360€
|
|||||||||
Bulgaria |
360€
|
|
Irlanda |
275€
|
|
Portugal |
180€
|
|||||||||
Chipre |
530€
|
|
Islandia |
360€
|
|
*Azores e Madeira |
*275€
|
|||||||||
Croacia |
275€
|
|
Italia |
275€
|
|
R. Checa |
275€
|
|||||||||
Dinamarca |
360€
|
|
Letonia |
360€
|
|
R. Unido |
275€
|
|||||||||
Eslovaquia |
360€
|
|
Liechtenstein |
275€
|
|
Romanía |
360€
|
|||||||||
Eslovenia |
275€
|
|
Lituania |
360€
|
|
Suecia |
360€
|
|||||||||
Estonia |
360€
|
|
Luxemburgo |
275€
|
|
Turquía |
530€
|
|||||||||
Finlandia |
360€
|
|
Malta |
360€
|
|
|
|
|||||||||
|
||||||||||||||||
PAÍSES |
Custo Mes/ Participante
|
Custo Día/ Participante
|
|
PAÍSES |
Custo Mes/ Participante |
Custo Día/ Participante |
||||||||||
ALEMAÑA |
1.226€
|
40,31€
|
|
ITALIA |
1.350€
|
44,38€
|
||||||||||
AUSTRIA |
1.278€
|
42,02€
|
|
LETONIA |
920€
|
30,25€
|
||||||||||
BÉLXICA |
1.200€
|
39,45€
|
|
LIECHTENSTEIN |
1.444€
|
47,47€
|
||||||||||
BULGARIA |
1.002€
|
32,94€
|
|
LITUANIA |
906€
|
29,79€
|
||||||||||
CHIPRE |
1.096€
|
36,03€
|
|
LUXEMBURGO |
1.200€
|
39,45€
|
||||||||||
CROACIA |
1.041€
|
34,98€
|
|
MALTA |
1.088€
|
35,77€
|
||||||||||
DINAMARCA |
1.654€
|
54,38€
|
|
NORUEGA |
1.670€
|
54,90€
|
||||||||||
ESLOVAQUIA |
1.058€
|
34,78€
|
|
P.BAIXOS |
1.322€
|
43,46€
|
||||||||||
ESLOVENIA |
1.042€
|
34,26€
|
|
POLONIA |
1.320€
|
43,40€
|
||||||||||
ESTONIA |
954€
|
31,36€
|
|
PORTUGAL |
1.102€
|
36,23€
|
||||||||||
FINLANDIA |
1.400€
|
46,03€
|
|
R.CHECA |
1.024€
|
33,67€
|
||||||||||
FRANCIA |
1.418€
|
46,62€
|
|
R.UNIDO |
1.672€
|
54,97€
|
||||||||||
GRECIA |
1.120€
|
36,82€
|
|
ROMANIA |
1.008€
|
33,14€
|
||||||||||
HUNGRÍA |
914€
|
30,05€
|
|
SUECIA |
1.378€
|
45,30€
|
||||||||||
IRLANDA |
1.464€
|
48,13€
|
|
TURQUÍA |
896€
|
29,46€
|
||||||||||
ISLANDIA |
1.376€
|
45,24€
|
|
|
|
|
||||||||||
|
||||||||||||||||
Mecanismo financiamento |
Importe |
Norma de asignación |
||||||||||||||
Custos unitarios |
150 euros por participante |
Condición: as persoas /entidades solicitantes deberán solicitar o apoio lingüístico na lingua necesaria para a mobilidade |
||||||||||||||
|
||||||||||||||||
Mecanismo de financiamento |
Importe |
Norma de asignación |
||||||||||||||
Parte dos custos subvencionables |
100% do gasto at o máximo de 150€ |
Condición: a petición de apoio financeiro para cubrir gastos excepcionais deberase motivar na solicitude |
Máis información:
No procedemento BS324A:
Tlfno: 981544854 e 981544645
Tlfno: 981541688 e 981544645
DOG do 15 de xuño de 2015