Dende o 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar unha praza nos ciclos formativos que se imparten en Galicia.
Existen tres formas de cursar estas ensinanzas:
Réxime ordinario
Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en quendas de mañá e tarde.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
O
 alumnado que estea en condicións de pasar a segundo curso deberá 
realizar unha solicitude de admisión aínda que terá a praza garantida 
sempre que sexa no mesmo centro.
O alumnado que teña que repetir o 
curso terá que realizar unha nova solicitude de admisión, aínda que terá
 a praza garantida sempre que repita por primeira vez no mesmo centro e 
ciclo.
Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
Nos
 módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado 
pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite 
dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do 
ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.
Cada
 curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a 
praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación 
de participación no proceso de admisión.
Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A
 asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é 
recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a
 distancia seguiranse as instrucións do titor do curso.
Nos módulos 
de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode 
matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite 
dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do 
ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.
Cada
 curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a 
praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación 
de participación no proceso de admisión.
Admisión a ciclos formativos de grao medio
Admisión a ciclos formativos de grao superior
Oferta de ciclos formativos que se poden estudar en Galicia
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario