A
 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 
prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, 
Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios
 no curso académico 2015/16.
Requisitos:
A 
persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade 
dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun 
ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con 
fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar
 á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola 
súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación
 dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente,
 poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales 
concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente 
xustificadas e acreditadas.
Requisito de renda da unidade familiar:
Para
 determinar as bolsas e bonificacións en función da renda familiar, 
terase en conta o limiar 2 fixado polo Real decreto 472/2014, do 13 de 
xuño, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se 
establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das 
bolsas e axudas ao estudo para o curso 2014/15 (Boletín Oficial del Estado núm. 144, do 14 de xuño)
Se a renda da unidade familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o beneficiario terá praza gratuíta.
Se a renda da unidade familiar é superior ao limiar 2, o beneficiario deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 538 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 825 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.307 €.
d) Máis do 30 %: 1.968 €. 
Prazos:
a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 17 de xullo de 2015.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 7 de agosto de 2015. 
Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento E306A
Máis información no DOG do 18 de xuño de 2015 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/
 
                            
                        
      
     
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario