martes, 2 de junio de 2015

Bolsas para mozos/as para un curso de inmersión lingüística en inglés na UIMP


O Ministerio de Educación convoca 3.207 axudas de 575,30 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de axilidade oral en Inglés Xeral e modalidade de Inglés Especializado.
Ambas as dúas modalidades terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Sedes:
Santander, Madrid, Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea, Barcelona, Aragon, Cartagena.
Beneficiarios.
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2015 e que obtivesen a condición de bolseiro para cursar Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de xuño de 2015
Máis información no BOE do 22 de maio de 2015 e en www.uimp.es 

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario