A Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión 
do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o
 curso 2015-2016.
Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.
Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria e superar unha proba específica.
b)
 Os aspirantes que non dispoñan do título de graduado en educación 
secundaria, deberán ter cumpridos os dezasete anos e superar a proba de 
madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de 
madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para 
maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos 
formativos de grao medio de formación profesional ou pola proba de 
madureza de grao medio de ensinanzas deportivas.
Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.
Requisitos:
a) Dispor do título de bacharel e superar unha proba específica.
b)
 Os aspirantes que non dispoñan do título de bacharel, deberán ter 
cumpridos os dezanove anos e superar a proba de madureza, ademais da 
correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase 
substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e 
cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao superior 
de formación profesional ou pola proba de madureza de grao superior de 
ensinanzas deportivas.
Estarán exentos de 
realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superiores das 
ensinanzas de artes plásticas e deseño, quen estea en posesión dalgunha 
das seguintes titulacións:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b)
 Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas 
súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en Belas Artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial.
Así
 mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao 
medio e superior de artes plásticas e deseño quen acredite ter 
experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente 
coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o 
cal presentará a seguinte documentación:
Certificación da empresa 
onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración 
concreta da actividade realizada. 
Prazos: A 
inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan 
as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 
ata o día 18 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de 
xullo para os ciclos de grao medio.
Desenvolvemento das probas:
a) Probas de acceso ao grao medio: 
Proba de madureza: 2 de setembro.
Proba específica: 4 de setembro.
b) Ciclos de grao superior:
Proba de madureza: 26 de xuño.
Proba específica para todas as familias profesionais: día 9 de xullo.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED511E e ED511D
Máis información no DOG 2 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario