lunes, 8 de junio de 2015

Acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/16



A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/16.

Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.
Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundarias, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza.

Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A
Máis información no DOG 5 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es

Oferta educativa de deporte: http://www.edu.xunta.es/web/node/1550

No hay comentarios:

Publicar un comentario