viernes, 19 de junio de 2015

Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa)



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.
Estas axudas concíbense como unha das medidas para a implantación do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e enmárcanse dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado nunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, no Eixo 5. Medida 8.2.2.8. Están dotadas cun orzamento total de 999.765,72 euros.
Modalidades:
BS324A: AXUDAS INDIVIDUAIS Á MOCIDADE
BS324B: AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
BS324C: AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS

Requisitos para participar nas mobilidades:
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Para inscribirse premer aquí
2. Ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
3. Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
4. Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
5. Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015

O período de realización das prácticas formativas non retribuídas abarcará desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as das axudas ata a data límite do 30 de novembro de 2015.
As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non remuneradas.
A duración das prácticas (agás causa de forza maior debidamente acreditada) será:
– Nas axudas individuais á mocidade: 2 meses consecutivos.
– Nas axudas a proxectos presentados por entidades: mínimo 2 meses e máximo 3 meses consecutivos.

Contía das axudas:
  1. 1. APOIO Á ORGANIZACIÓN E EXECUCIÓN DA MOBILIDADE (só para entidades)
Custos subvencionables
Mecanismo financiamento
Importe
Norma de asignación
A) Apoio a aspectos organizativos
Custos unitarios
350 euros por participante
Baseada no número de participantes na mobilidade
B) Apoio a necesidades especiais
Custos unitarios
200 euros adicionais por participante discapacitado/a
Condición: a petición de apoio financeiro se deberá motivar na solicitude
C) Apoio á execución do proxecto
Parte dos custos subvencionables
100% dos gastos realizados ata un máximo de 5.000 euros
Condición: a petición de apoio financeiro se deberá motivar na solicitude
  1. 2. GASTOS DE VIAXE (ida e volta) de cada participante na mobilidade
Pais
Contía

Pais
Contía

Pais
Contía
Alemaña
275€

Francia
275€

Noruega
360€
Austria
360€

Grecia
360€

P. Baixos
275€
Bélxica
275€

Hungría
360€

Polonia
360€
Bulgaria
360€

Irlanda
275€

Portugal
180€
Chipre
530€

Islandia
360€

*Azores e Madeira
*275€
Croacia
275€

Italia
275€

R. Checa
275€
Dinamarca
360€

Letonia
360€

R. Unido
275€
Eslovaquia
360€

Liechtenstein
275€

Romanía
360€
Eslovenia
275€

Lituania
360€

Suecia
360€
Estonia
360€

Luxemburgo
275€

Turquía
530€
Finlandia
360€

Malta
360€



  1. 3. ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN
PAÍSES
Custo Mes/ Participante
Custo Día/ Participante

PAÍSES
Custo Mes/ Participante
Custo Día/ Participante
ALEMAÑA
1.226€
40,31€

ITALIA
1.350€
44,38€
AUSTRIA
1.278€
42,02€

LETONIA
920€
30,25€
BÉLXICA
1.200€
39,45€

LIECHTENSTEIN
1.444€
47,47€
BULGARIA
1.002€
32,94€

LITUANIA
906€
29,79€
CHIPRE
1.096€
36,03€

LUXEMBURGO
1.200€
39,45€
CROACIA
1.041€
34,98€

MALTA
1.088€
35,77€
DINAMARCA
1.654€
54,38€

NORUEGA
1.670€
54,90€
ESLOVAQUIA
1.058€
34,78€

P.BAIXOS
1.322€
43,46€
ESLOVENIA
1.042€
34,26€

POLONIA
1.320€
43,40€
ESTONIA
954€
31,36€

PORTUGAL
1.102€
36,23€
FINLANDIA
1.400€
46,03€

R.CHECA
1.024€
33,67€
FRANCIA
1.418€
46,62€

R.UNIDO
1.672€
54,97€
GRECIA
1.120€
36,82€

ROMANIA
1.008€
33,14€
HUNGRÍA
914€
30,05€

SUECIA
1.378€
45,30€
IRLANDA
1.464€
48,13€

TURQUÍA
896€
29,46€
ISLANDIA
1.376€
45,24€




  1. 4. APOIO LINGÜÍSTICO
Mecanismo financiamento
Importe
Norma de asignación
Custos unitarios
150 euros
por participante
Condición: as persoas /entidades solicitantes deberán solicitar o apoio lingüístico na lingua necesaria para a mobilidade
  1. 5. GASTOS EXCEPCIONAIS
Mecanismo de financiamento
Importe
Norma de asignación
Parte dos custos subvencionables
100% do gasto at o máximo de 150€
Condición: a petición de apoio financeiro para cubrir gastos excepcionais deberase motivar na solicitude


Máis información:
No procedemento BS324A:
Tlfno: 981544854 e 981544645
Nos procedementos BS324B e BS324C
Tlfno: 981541688 e 981544645

DOG do 15 de xuño de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario