A Consellería de Educación crea un fondo solidario de libros de texto
destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en
2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos
con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2015/16.
Todos
os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun
fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por:
1.
Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas
axudas do curso 2014/15, que o alumnado beneficiario está obrigado a
devolver.
2. Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo.
Poderán
presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do
alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2015/16 nos
niveis educativos incluídos.
O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330D
Máis información no DOG do 1 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario