martes, 19 de mayo de 2015

Xa podes solicitar o intercambio con Londres

Erasmus+: Intercambio Xuvenil en Londres "European Youth Future"

O programa Erasmus+ pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é socia no proxecto “European Youth Future”, que organiza a ONG NIKOLA (New  International Company of Live Arts), con domicilio en Londres (Reino Unido). 


Obxectivos: O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 45 mozos e mozas de 7 países da Unión Europea terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: debates, xogos de rol, obradoiros e visitas a diferentes asociacións e organizacións xuvenís da cidade.
Mediante a colaboración por un obxectivo común, como a participación na planificación en conxunto, axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear  oportunidades de traballo. Así mesmo, compartir as experiencias de diferentes países agregará valor ao proxecto en si.
Os mozos e mozas que estean motivados a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados en postos de traballo no campo das artes e que queiran contribuír a dar forma á sociedade, serán os beneficiados desta acción.
Países participantes: Reino Unido, Italia, Francia, España, Turquía, Polonia e Bulgaria.
Datas de realización do intercambio: do 24 ao 30 de xuño de 2015.
Destinatarios: mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.
Prazas: 4 prazas
Prazo de inscrición: do 18 ao 22 de maio de 2015.
Cota de participación FEE: 100 € (serán pagados á organización de acollida no momento do inicio do intercambio no país de acollida).
Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización NIKOLA (facilitaranse datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe.
De non recibir confirmación desta o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.
Confirmada a praza nos 5 días seguintes  laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir  a mobilidadexuvenil@xunta.es a seguinte documentación:
- Factura e billetes de transporte ata a cidade de Londres
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea ou póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.
- Documento acreditativo dos coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.
Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.
Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:
xuventude@xunta.es
981 544 645 e 981 544 869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario