martes, 19 de mayo de 2015

Intercambio xuvenil a Berlín

“A Xuventude no mundo” edición 2015: intercambio xuvenil a Berlin. Alemaña.

No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar convoca un intercambio ao Distrito de Reinickendorf-Berlin, (Casa da Xuventude Fuchsbau) no marco das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países.
Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e  favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal. Realización de workshops sobre as eleccións europeas e o que traen para a sociedade.
Datas de realización do intercambio: do 2 ao 9 de xullo de 2015.
Prazas: 4 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 25 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.
Prazo de inscrición: do 18 ao 22 de maio de 2015.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

Confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes os/as seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.es:
- unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo
- unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea  ou copia seguro de viaxe, de accidentes e  de enfermidade.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle  aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes o billete e a documentación nos 3 días (naturais) seguintes da comunicación.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente aos seleccionados seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de celebración do intercambio
Realizaranse o intercambio se existe un mínimo da metade mais un das prazas convocadas para cada intercambio.
Cobertura do intercambio
- Aloxamento  en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Trasporte no ámbito do intercambio.
- Actividades  propostas para organizar pola entidade de acollida como:
Visita  a Alexanderplatz  e o Bundestag (parlamento alemán) e a Potsdamer Platzes, Berlin , Workshops diversos, encontro e recorrido por  museos na Isla dos Museos, visita o teatro Friedrich Stadt Palast, viaje a Dresden e visita a  Bóveda Verde (museo) e a Gemälde Galerie (Galería de arte). Viaxe a Potsdam  e visita o Palacio Cecilienhof  eo  Neuen Kammern (Palacio proruso, galería de arte). Visita  Rathaus Reinickendorf. Visita a Mittagessen. Visita a Kahnfahrt en Spreewald. Cena internacional.
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio
- A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea  ou seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.

Recomendación de aeroportos  máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:

Aeropuerto de Berlín-Tegel (TXL)
Aeropuerto de Berlín-Schönefeld (SXF)
Aeropuerto de Berlín-Tempelhof (THF)


Máis información:
xuventude@xunta.es 

FORMULARIO

No hay comentarios:

Publicar un comentario