O luns 4 de maio comeza a sétima edición da Semana Europea da Xuventude
(SEJ). O obxectivo desta celebración é alentar as persoas novas a
participar na sociedade civil e crear conciencia da importancia de que a
súa voz sexa escoitada. Tamén se fará fincapé en como a adquisición e
desenvolvemento de habilidades adquiridas, ás veces, fóra da escola ou
da universidade poden axudar a encontrar un traballo.
Centos de
actividades desenvolveranse en trinta e tres países europeos do 27 de
abril ao 10 de maio. Ademais, organizados pola Comisión Europea,
celebraranse, en Bruxelas distintos actos como debates, conferencias e
exposicións entre os que podemos destacar "European Youth Week
High-Level Political Debate", "Structured Dialogue Conference",
"Piloting Youth Guarantee on the Ground - Experiences from the European
Parliament Preparatory Action (EPPA) " "Erasmus+ youth field: Inclusion
and Diversion Strategy Launch Event" ou o seminario "Ideas Lab".
E,
un ano máis, o Festival "YO!Fest" que, organizado polo Foro Europeo da
Xuventude, acollerá miles de mozos na explanada do Parlamento Europeo.
Se
non podes estar en Bruxelas durante eses días, tamén poderás participar
xa que moitos dos actos se poderán seguir por internet (#youthweek).
Na
páxina do Portal Europeo da Xuventude, podes consultar máis información
que se irá actualizando segundo se confirmen as actividades que se
celebrarán en cada país.
https://europa.eu/youth/eyw_es
No hay comentarios:
Publicar un comentario