martes, 5 de mayo de 2015

Prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís

 colaboradoresbolseiros2015
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2015/2016.

Prazas:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.

Requisitos:
Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM* do ano en curso.
Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xuño de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es  co procedemento BS303C

Máis información no DOG do 4 de maio de 2015.

* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
Para 2014 fixouse en 532,51 € mensuais.

RESIDENCIAS:
Lugo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html

Ourense:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html

Vigo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario