Segundo a idade da persoa participante presentará a súa obra ou obras a categoría correspondente:
Categoría 1ª .- Rapaces e rapazas de 9 a 14 anos.
Categoría 2ª .- Mozos e mozas de 15 a 18 anos.
Categaría 3ª .- Maiores de 18 anos
A temática dos poemas é libre cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, e a lingua dos poemas será o galego.
Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:
Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos R/Ameneiro, número 8 15894 Os Tilos-Teo, cos datos persoais e teléfono de contacto nun folio anexo, ou se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo: arcostilos@
O prazo para participar estará aberto ata o 12 de maio de 2015. E a decisión do xurado coñecerase o día 22 de maio nun acto público nos locais da asociación ás 20:30 horas.
Agardamos a participación de todas e todos os interesados neste xénero literario.
Máis información en http://asociacion.arcostilos.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario