miércoles, 22 de abril de 2015

XXVIII Certame Mozos Investigadores



O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVIII Certame "Mozos Investigadores" para 2015, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís.

A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Requisitos:
Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de 3 persoas, mozos/as que cumprisen, 15 anos antes do 31 de decembro de 2015 e que non cumprisen 20 anos a 30 de setembro de 2015. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con minusvalidez.
Os participantes, tanto se son alumnos dun centro docente coma se son membros dunha asociación xuvenil, deberán estar matriculados no curso 2014-2015 en centros docentes españois de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
Tanto os equipos, coma os participantes a título individual, deberán ser coordinados por un profesor do centro ao que pertenzan ou, en caso de asociacións por algunha persoa que exerza funcións de animación ou dirección nestas.

Premios:
a) Premio Especial do Certame Mozos Investigadores, de 6.000 €.
b) Ata un máximo de 8 primeiros premios, de 4.000 € cada un. Destes premios, cinco están destinados a premiar os mellores traballos das áreas de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas, Ciencias da Terra e da Vida e Tecnoloxía e Enxeñaría.
c) Ata un máximo de 10 segundos premios, de 3.000 € cada un.
d) Ata un máximo de 9 terceiros premios, de 2.000 € cada un.
e) Ata un máximo de dez accésits, de 1.000 € cada un.
f) Premio de 3.000 € á memoria mellor avaliada.
g) Ata un máximo de tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de Mozos Investigadores que se celebrará no ano 2016.

Premios de entidades patrocinadoras:
a) Un premio especial Universidade Politécnica de Madrid de 4.000 €, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas de Enxeñaría e Tecnoloxía.
b) Un premio especial Universidad de Málaga de 2.000 €.
c) Un premio especial Alan Turing de 3.000 €, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñaría Informática de España, destinado a un traballo destacado na área da Informática e disciplinas afíns.
d) Un premio especial Fundación ONCE, dotado pola Fundación ONCE, ao mellor traballo de investigación en calquera ámbito e dirixido á mellora da calidade de vida de persoas con minusvalidez.
e) Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estanza de dúas semanas de duración nos seus centros de investigación.
f) Un premio especial Real Sociedade Española de Física  para o mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física, que consiste nuha estanza financiada pola Real Sociedade Española de Física.
g) Un premio especial Fundación REPSOL, ao mellor traballo de investigación en Emprendimiento e Innovación, consistente nunha estanza nun Centro de Investigación da devandita fundación.

Mencións de Honra:
a) Ata tres Mencións de Honra aos profesores coordinadores cuxo labor de fomento e impulso da investigación entre os mozos fose apreciado como especialmente destacable polo xurado.
b) Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxo labor fose apreciado como especialmente destacable en prol do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.
c) Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da páxina web do INJUVE ou do MECD: http://www.injuve.es ou http://www.mecd.gob.es

O prazo para a presentación estará aberto ata o 11 de maio de 2015.

Máis información no BOE do 21 de abril de 2015 e en www.injuve.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario