A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca as axudas
enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de
iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola
mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2015, e nos cales
as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán
activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas
por elas mesmas.
Considéranse áreas de atención prioritarias que se han desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Requisitos:
As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, e un/unha deles/as asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario/a, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique..
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 4.000 euros.
Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores:
http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento BS306B
Máis información no DOG do 10 de abril de 2015.

No hay comentarios:
Publicar un comentario