miércoles, 8 de abril de 2015
Concurso de Historia para mozos
Eustory convoca a 8ª edición do seu concurso de Historia para mozos
A quen se dirixe?
A idade para participar é de 14 a 21 anos, sempre que sexas estudante nun centro escolar (non universitario) dos países de España, Portugal ou continente Americano. O traballo pode ser individual ou en grupo, sen existir límite de participantes nos traballos de grupo. Existe a posibilidade de que os traballos estean compostos por estudantes de máis dun país.
Que podo gañar?
Primeiro premio: 2.500 € Alumnos / 1.250 € Titor
Segundo premios: 1.000 € Alumnos / 500 € Titor
Terceiro premio: 500 € Alumnos / 250 € Titor
Accésit: 200 € Alumnos / 100 € Titor
Ademais, os gañadores poden participar nos campus de historia - talleres organizados por EUSTORY Europa. Cada ano celébranse tres campus, dunha semana, sobre un tema de actualidade histórica, na que participan ao redor de 20 mozos, gañadores dos concursos de historia de cada país membro da rede. Os gastos da viaxe, o aloxamento e as actividades están cubertos por EUSTORY España, independentemente do premio que obtiveses.
Cal é o tema?
O tema da edición 2014-2015 é «América». Dende o descubrimento ata a actualidade, pasando polo século da Ilustración ou as emigracións do XIX, Europa e América son o resultado dunha historia común, de viaxes de «ida e volta». Esta historia compartida é a que che invitamos a que investigues, a partir do teu ámbito máis próximo.
Que teño que facer?
Busca o tema no teu ámbito: un familiar, un coñecido, un amigo, o nome da rúa na que vives, o teu colexio, unha empresa, unha estatua pola que pasas diante todos os días, un libro que te gusta ler... En definitiva, calquera cousa que estea ao teu alcance e que te invite a coñecer máis sobre a temática do concurso.
Amplia esta información cos recursos próximos como arquivos, bibliotecas, vellos periódicos, álbums de fotos familiares, por suposto internet e por que non? ferramentas creativas, como música, pinturas, gravacións, entrevistas ou as redes sociais.
Que teño que presentar?
O formato para presentar o traballo é libre. O importante é que sexas capaz de relacionar os elementos da vida cotiá que investigaches, coa Historia que estudas no colexio. Valorarase principalmente que o traballo reflicta o que aprendiches, pero tamén se terán en conta outros aspectos como a dedicación, a creatividade ou o uso de novos medios.
Completa o traballo co informe de procedemento, no que inclúas como elaboraches o traballo e as principais fontes utilizadas.
Cando o teño que enviar?
Unha vez que teñas todo, completa o formulario de participación e envía o traballo a concurso@eustory.es
A data límite é o 17 de agosto de 2015.
Cal é o rol do TITOR?
Tamén se pode participar como titor. Podes ser profesor de Historia, pero tamén profe doutras materias. Nin sequera fai falta que sexas profesor: pai, nai, irmán, tío, amigo, monitor, antigo participante... calquera pode ser titor, sempre que poidas motivar e axudar ao estudante a realizar a investigación. O titor do traballo será premiado tamén cunha suma en metálico. O titor pode ser de grande axuda á hora de investigar, ofrecendo asesoramento, aínda que non é obrigatorio.
Máis información:
http://eustory.es/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario