miércoles, 8 de abril de 2015

II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino


O Concello de Santiago convoca o II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino co fin de promover o uso do galego na comunidade educativa e na súa contorna, procurando asemade unha maior difusión e valoración dos traballos audiovisuais escolares que se encamiñan a este mesmo fin.

O obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de traballos audiovisuais escolares no ámbito da normalización lingüística.
Poderán concursar os traballos realizados nos centros de ensino que conten coa participación de alumnado das etapas infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou secundaria postobrigatoria matriculado no curso 2014-2015.
A temática dos audiovisuais xirará en torno á promoción do uso da lingua galega en calquera ámbito e con calquera focaxe, xénero, etc. Quedarán excluídos os traballos que non traten deste tema. Ademais será requisito que o contido do audiovisual se vincule dalgún xeito con Santiago de Compostela.
Os traballos estarán en soporte dixital, non poderán exceder de 10 minutos de duración.

O prazo para a entrega dos traballos estará aberto ata o 2 de maio de 2015.

Categorías de participación:
- Infantil
- Primaria
- Secundaria obrigatoria
- Secundaria postobrigatoria

Premios:
- Infantil: 400 €.
- Primaria: 400 €.
- Secundaria obrigatoria: 400 €.
- Secundaria postobrigatoria: 400 €.
- Premio do público: 400 €.

Máis información no BOP da Coruña do 19 de marzo de 2015 e na OMIX de Santiago de Compostela, 981 543 001

No hay comentarios:

Publicar un comentario