miércoles, 15 de abril de 2015

Deseñando o teu futuro


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Deseñando o teu futuro que consiste en financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas.
Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas.

Proxectos subvencionables
1. Os proxectos para os que se solicite axuda deberán responder aos seguintes criterios:
a) Deben ter como persoas destinatarias mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
b) O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2015.
c) A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas serán de 4 horas como mínimo.
d) O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
2. Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas en Galicia (incluirá a titorización e o seguimento das estadías).
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa Deseñando o teu futuro en xeral).

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es no procedemento BS326A
Máis información no DOG do 10 de abril de 2015 e en teufuturo.ctb@xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario