O Ministerio de Educación convoca axudas para 700 alumnos de centros
educativos españois, para a participación na actividade de recuperación e
utilización educativa dos pobos abandonados de Búbal (Huesca),
Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara), durante o verán de 2015.
Requisitos do alumnado:
- 3º e 4º de Ensino Secundario Obrigatorio.
- Bacharelato.
- Formación Profesional de Grao Medio.
- Formación Profesional Básica e Programas de Cualificación Profesional.
En calquera caso, a idade máxima para a participación na convocatoria será de 18 anos acreditada no fin do prazo de solicitude.
Quendas:
Os alumnos participantes desenvolverán as súas actividades en períodos de 7 días, de luns a domingo, nas seguintes quendas:
- Alumnos de 3º e 4º de ESO, de Formación Profesional Básica e de Programas de cualificación profesional inicial:
1ª quenda: Do 6 ao 12 de xullo.
2ªquenda: Do 13 ao 19 de xullo.
- Alumnos de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio:
3ª quenda: Do 20 ao 26 de xullo.
4ª quenda: Do 27 de xullo ao 2 de agosto.
Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo de forma particular en https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios»
O
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte poñerá a disposición dos
alumnos beneficiarios un autobús que os trasladará ao pobo asignado
dende a estación de ferrocarril ou autobuses máis próxima a este de
acordo coas instrucións de participación. O traslado dende o domicilio
ata ese punto de encontro correrá por conta dos interesados, e viceversa
á finalización da actividade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2015.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/extraescolares.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario