A Deputación de Ourense convoca o XIII Certame de artes plásticas para a mozos ou mozas de entre 18 e 30 anos.
A
 convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, 
gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte 
dixital, instalacións, etc.).
Segunda: poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os trinta 30 anos.
A
 temática será libre, e admitirase todo tipo de tendencia estética. Na 
realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e 
material.
Cada concursante poderá participar cun máximo de 2 obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: non superior a dous (2) metros en calquera das súas dimensións.
Escultura:
 terá unha altura máxima dun metro con oitenta centímetros (1,80 m) e 
unha base que non superará un metro por un metro (1m x 1m).
Gravado e outras expresións artísticas: medidas libres.
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:
- Primeiro premio; 3.000 €.
- Segundo premio; 2.000 €.
- Terceiro premio; 1.000 €.
- Dous accésits de 500 € cada un.
As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 31 de maio de 2015.
Máis información no BOP de Ourense de 9 de abril de 2015 e en www.depourense.es
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario