miércoles, 29 de abril de 2015

Contra a violencia de xénero

 hai_saida
Campaña Hai Saída do Ministerio de Sanidade contra a violencia de xénero.

Video: https://www.youtube.com/watch?v=C5C38DrQPqw&feature=youtu.be
Cartel: http://www.msssi.gob.es/campannas/campanas15/pdf/HaySalidaGallego.pdf

Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero: 016

miércoles, 22 de abril de 2015

CAMPOS DE TRABALLO en Galicia, España e estranxeiro

 


A Consellería de Traballo e Benestar ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de lecer, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2015.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Novidade nesta Campaña de verán, as quendas IMPLÍCA-T, para mozos e mozas de 14 a 17 anos, engaden un compoñente máis activo e participativo, cunha programación que, ademais das actividades de ocio, incluirá outras que supoñen unha implicación real a través de accións que evidencien o seu compromiso e achega á sociedade, incorporando actuacións de voluntariado e participación como poden ser a limpeza de praias e outros espazos naturais, a colaboración activa na defensa contra incendios, a dinamización do Camiño de Santiago, a implicación cos colectivos máis desfavorecidos etc.
A finalidade é facilitar que os mozos e mozas adquiran e desenvolvan valores, actitudes e aptitudes como o compromiso, a responsabilidade, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo, a iniciativa, a comunicación... que, ademais, son altamente recoñecidos polos empregadores actuais.

Máis información en:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Campus de Profundización Científica para estudantes de 4º de ESO


O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no ano 2015, no Programa Campus de afondamento científico para estudantes de secundaria en Soria, durante o mes de xullo de 2015.

Finalidade do campus:
O obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, ao tempo que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

 
Datas:
O Campus de afondamento científico realizarase no IES «Virgen del Espino» de Soria, sendo aloxados os alumnos na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada un, que terán lugar nas seguintes datas:
1ª quenda: Do 6 ao 16 de xullo de 2015.
2ª quenda: Do 17 ao 27 de xullo de 2015.

Requisitos:
a) Alumnos que no curso escolar 2014/2015 estean a cursar ensinanzas de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos
b) Que obtivesen unha nota media no curso escolar 2013/2014 superior ou igual aos 9,0 puntos.
c) Que durante o curso 2014/2015, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas B, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.

A axuda cobre os gastos de matrícula no curso, materiais, actividades, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos que contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento do Campus.
O traslado dos alumnos dende os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como dende este ata os seus domicilios será por conta dos alumnos.

A Real Sociedade Española de Física será a encargada da organización e coordinación das actividades que se desenvolvan.

Solicitudes:
https://sede.educacion.gob.es, sección "Trámites y Servicios"

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en https://rsef.es/

PROGRAMA Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas en verán

 O Ministerio de Educación convoca axudas para 700 alumnos de centros educativos españois, para a participación na actividade de recuperación e utilización educativa dos pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara), durante o verán de 2015.

Requisitos do alumnado:
- 3º e 4º de Ensino Secundario Obrigatorio.
- Bacharelato.
- Formación Profesional de Grao Medio.
- Formación Profesional Básica e Programas de Cualificación Profesional.
En calquera caso, a idade máxima para a participación na convocatoria será de 18 anos acreditada no fin do prazo de solicitude.

Quendas:
Os alumnos participantes desenvolverán as súas actividades en períodos de 7 días, de luns a domingo, nas seguintes quendas:
- Alumnos de 3º e 4º de ESO, de Formación Profesional Básica e de Programas de cualificación profesional inicial:
1ª quenda: Do 6 ao 12 de xullo.
2ªquenda: Do 13 ao 19 de xullo.
- Alumnos de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio:
3ª quenda: Do 20 ao 26 de xullo.
4ª quenda: Do 27 de xullo ao 2 de agosto.

Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo de forma particular en https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios»

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte poñerá a disposición dos alumnos beneficiarios un autobús que os trasladará ao pobo asignado dende a estación de ferrocarril ou autobuses máis próxima a este de acordo coas instrucións de participación. O traslado dende o domicilio ata ese punto de encontro correrá por conta dos interesados, e viceversa á finalización da actividade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2015.

Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/extraescolares.html

PROGRAMA Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas


O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" nas quendas outono e primavera, destinado a alumnado de:
- 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Bacharelato.
- Formación Profesional de Grao Medio.
- Programas de Cualificación Profesional Inicial.


As actividades desenvolveranse en pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara)

Os grupos de alumnos participantes e os seus profesores desenvolverán as actividades en períodos semanais de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo coa seguinte distribución temporal:
Alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Programas de cualificación profesional inicial
- Primavera: entre o 24 de maio e o 20 de xuño de 2015.
- Outono: entre o 20 de setembro ao 17 de outubro de 2015.
Alumnos de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio.
- Outono: entre o 18 de outubro e o 28 de novembro de 2015.

Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo a través da Dirección dos seus centros, formando grupos de 20 a 25 alumnos que serán acompañados por un ou dous profesores dos que habitualmente lles impartan clase. Os grupos de Centros de Educación Especial que participen deberán respectar a seguinte ratio profesor/alumno: un profesor acompañante máis, tres en total, por grupo de 20 a 25 alumnos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 15 de abril de 2015

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/extraescolares.html

CONCURSO Videos en inglés


Oxford University Press España lanza un concurso para alumnos de Primaria e outro para Secundaria e Bacharelato. Os alumnos gañadores de Primaria poderán conseguir un iPad Air de 16 Gb, para cada un deles e o seu profesor de Inglés. Pola súa banda, os estudantes de Secundaria e Bacharelato poderán obter unha viaxe de fin de semana a Oxford para toda a clase xunto co profesor de Inglés e outro membro do centro.

Concurso oxford primaria.
Para o concurso de Primaria, o profesor de Inglés deberá traballar cos seus alumnos nun vídeo dunha duración inferior a dous minutos e que estea vinculado a 'community values'. Algúns exemplos de proxectos poden ser: como manter limpa a túa cidade, como fomentar o respecto cara a outras culturas, a importancia da educación vial, etcétera. O vídeo debe estar enteiramente realizado en inglés e para participar será necesario subilo a YouTube. Máis información sobre o concurso e como participar neste enlace.

Concurso oxford secundaria
Para o concurso de Secundaria e Bacharelato, o profesor de Inglés deberá traballar cos seus alumnos nun vídeo dunha duración inferior a dous minutos e que estea relacionado cunha cápsula do tempo. O vídeo debe estar enteiramente realizado en inglés e para participar será necesario subilo a YouTube. Máis información acerca do concurso e sobre como participar neste enlace.

Datas
O último día para inscribirse no concurso será o 12 de maio de 2015.
A votación para a elección de finalistas será do 18 ao 24 de maio de 2015.
O gañador de cada un dos concursos decidirase o día 26 de maio de 2015. Sete días despois do fallo do concurso, publicaranse os gañadores en redes sociais e na web de Oxford.

Sistema de votación
Os finalistas serán elixidos a través dunha landing de votación aberta ao público. O límite será dun voto por vídeo (a limitación establecerase vía IP). E, por último, un panel de expertos de Oxford University Press España elixirá o gañador tanto de Primaria coma de Secundaria e Bacharelato de entre os oito finalistas.

Más información:
http://online.oupe.es/ELT/OxfordCompetitions/?utm_source=home&utm_medium=slider&utm_campaign=OxfordCompetition

XXVIII Certame Mozos Investigadores



O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVIII Certame "Mozos Investigadores" para 2015, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís.

A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Requisitos:
Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de 3 persoas, mozos/as que cumprisen, 15 anos antes do 31 de decembro de 2015 e que non cumprisen 20 anos a 30 de setembro de 2015. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con minusvalidez.
Os participantes, tanto se son alumnos dun centro docente coma se son membros dunha asociación xuvenil, deberán estar matriculados no curso 2014-2015 en centros docentes españois de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
Tanto os equipos, coma os participantes a título individual, deberán ser coordinados por un profesor do centro ao que pertenzan ou, en caso de asociacións por algunha persoa que exerza funcións de animación ou dirección nestas.

Premios:
a) Premio Especial do Certame Mozos Investigadores, de 6.000 €.
b) Ata un máximo de 8 primeiros premios, de 4.000 € cada un. Destes premios, cinco están destinados a premiar os mellores traballos das áreas de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas, Ciencias da Terra e da Vida e Tecnoloxía e Enxeñaría.
c) Ata un máximo de 10 segundos premios, de 3.000 € cada un.
d) Ata un máximo de 9 terceiros premios, de 2.000 € cada un.
e) Ata un máximo de dez accésits, de 1.000 € cada un.
f) Premio de 3.000 € á memoria mellor avaliada.
g) Ata un máximo de tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de Mozos Investigadores que se celebrará no ano 2016.

Premios de entidades patrocinadoras:
a) Un premio especial Universidade Politécnica de Madrid de 4.000 €, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas de Enxeñaría e Tecnoloxía.
b) Un premio especial Universidad de Málaga de 2.000 €.
c) Un premio especial Alan Turing de 3.000 €, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñaría Informática de España, destinado a un traballo destacado na área da Informática e disciplinas afíns.
d) Un premio especial Fundación ONCE, dotado pola Fundación ONCE, ao mellor traballo de investigación en calquera ámbito e dirixido á mellora da calidade de vida de persoas con minusvalidez.
e) Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estanza de dúas semanas de duración nos seus centros de investigación.
f) Un premio especial Real Sociedade Española de Física  para o mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física, que consiste nuha estanza financiada pola Real Sociedade Española de Física.
g) Un premio especial Fundación REPSOL, ao mellor traballo de investigación en Emprendimiento e Innovación, consistente nunha estanza nun Centro de Investigación da devandita fundación.

Mencións de Honra:
a) Ata tres Mencións de Honra aos profesores coordinadores cuxo labor de fomento e impulso da investigación entre os mozos fose apreciado como especialmente destacable polo xurado.
b) Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxo labor fose apreciado como especialmente destacable en prol do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.
c) Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da páxina web do INJUVE ou do MECD: http://www.injuve.es ou http://www.mecd.gob.es

O prazo para a presentación estará aberto ata o 11 de maio de 2015.

Máis información no BOE do 21 de abril de 2015 e en www.injuve.es

miércoles, 15 de abril de 2015

Axudas Iniciativa Xove 2015



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2015, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

Considéranse áreas de atención prioritarias que se han desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.

Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.

Requisitos:
As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, e un/unha deles/as asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario/a, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique..
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 4.000 euros.
Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores:
http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento BS306B
Máis información no DOG do 10 de abril de 2015.

Deseñando o teu futuro


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Deseñando o teu futuro que consiste en financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas.
Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas.

Proxectos subvencionables
1. Os proxectos para os que se solicite axuda deberán responder aos seguintes criterios:
a) Deben ter como persoas destinatarias mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
b) O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2015.
c) A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas serán de 4 horas como mínimo.
d) O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
2. Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas en Galicia (incluirá a titorización e o seguimento das estadías).
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa Deseñando o teu futuro en xeral).

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es no procedemento BS326A
Máis información no DOG do 10 de abril de 2015 e en teufuturo.ctb@xunta.es

Concurso de creación audiovisual sobre o boletín informativo da DXXV


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e o Consello Asesor de RTVE-Galicia e en funcións da CRVTG, convocan un concurso de creatividade co fin de trasladar o boletín informativo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a formato audiovisual.

Participantes:
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, residentes en Galicia e sen vinculación profesional a empresas periodísticas ou a actividade profesional das industrias culturais.

Temática:

A técnica será libre, baseándose o audiovisual nos contidos, totais ou parciais, da Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil, que están  dispoñibles no portal web http://xuventude.xunta.es/boletin-semanal.html
As obras deben incluír obrigatoriamente a cabeceira “Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil”.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo. En calquera caso, valorarase en igual grao a orixinalidade da proposta, o enfoque periodístico e a calidade estética de cada peza.

Requisitos:
Cada autor/a ou autores/as poderán participar cunha gravación orixinal, inédita e en galego (locución e textos) do programa informativo co que se concursa, e que non excederá dos 10 minutos de duración.
Admitiranse obras nun único formato dixital: MPEG-4 (o mp4) codificado en H264 e AAC (para audio) de 854 píxeles de ancho x 480 píxeles de alto (ou 16.9)
As distintas pezas informativas audiovisuais que integren o programa, estarán realizadas con un enfoque periodístico para poder  ser emitidas non só por televisión senón tamén  por internet,  sendo  susceptible de  que os distintos medios “on line”,  poidan tamén colgar o seu contido, íntegro ou por partes.
A gravación, que se poderá facer con calquera aplicación audiovisual, e na que se poderán empregar un ou dous locutores, presentarase en DVD ou URL de descarga, para permitir ás televisións e medios “on line” editar as imaxes e poñerlles locución propia.
O soporte audiovisual que se envíe deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravado.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Consello Asesor de RTVE-Galicia e da CRTVG en funcións quedan facultados para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa difusión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
Os autores e as autoras quedarán comprometidos/as a realizar as modificacións precisas nos documentos finais e/ou subministrar os arquivos de código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Consello Asesor de RTVE-Galicia e da CRTVG en funcións quedarán eximidos de calquera  responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en materia de propiedade intelectual puidesen incorrer os/as participantes.
A presentación a esta convocatoria implicará, no caso do traballo premiado, a colaboración nas accións de difusión que se organicen, así como a súa cesión a favor da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Consello Asesor de RTVE-Galicia e da CRTVG en funcións dos dereitos de edición.
O traballo premiado pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Consello Asesor de RTVE-Galicia e da CRTVG en funcións , que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
O feito de participar nesta convocatoria supón a autorización dos/as participantes, á favor da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Consello Asesor de RTVE-Galicia e da CRTVG en funcións, para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe e contido do proxecto presentado  nas súas canles de comunicación ou calquera medio que estimen oportuno , sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

Documentación:
Os traballos presentaranse en soporte DVD ou en URL de descarga. Neste último caso, na solicitude de inscrición deberá indicar a URL de descarga que deberá estar activa ata o 31 de xullo de 2015.
Todos os proxectos presentados irán acompañados dos seguintes documentos:

1.Sobre nº1
No exterior do sobre figurará:
- en letras maiúsculas, un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado.
- “Concurso de creatividade audiovisual sobre o Boletín Informativo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Documentación a introducir neste sobre nº 1:
a) A solicitude de inscrición debidamente cuberta, que figura como Anexo nesta convocatoria.
b) O soporte DVD no caso de que non indique na solicitude de inscrición a URL de descarga

2. Sobre nº 2 (que debe ser introducido dentro do sobre nº 1).
No exterior do sobre debe figurar, outra vez e en letras maiúsculas, o lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado.
Documentación a introducir neste sobre nº 2:
a) Datos do/a creador/a: nome, apelidos, copia do DNI, data de nacemento, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
b) Ficha explicativa do proxecto presentado
c) Declaración xurada indicando que o traballo é orixinal e inédito.
d) Declaración xurada de non vinculación profesional a empresas periodísticas ou a actividade profesional das industrias culturais.
Se se apreciasen defectos ou falta de documentación, por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.

Lugar e prazo de entrega:
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o 30 de xuño de 2015 e poderanse enviar por correo postal a:
“Concurso de creatividade audiovisual sobre o Boletín Informativo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado”.
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela”

Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.

Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nos teléfonos 981 541 689, 981 545 702, 981 545 937.

A entrega dos premios levarase a cabo na primeira quincena de xullo no lugar e hora a determinar e comunicar publicamente pola organización
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia.
Unha vez recibidas as propostas e pechado o prazo de admisión, procederase á súa  valoración por un xurado responsable de resolver o concurso.

Premios:
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá como premio:
- Ser membro do xurado da especialidade de videocreación do certame Xuventude Crea 2015 condición que terá carácter retribuído, sen prexuízo de aplicación sobre a cantidade a percibir das retencións legalmente establecidas.
- A participación para 2 persoas nunha estancia de fin de semana de ocio educativo nunha instalación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O autor ou autora do proxecto clasificado en segundo lugar recibirá como premio a participación para 2 persoas nunha estancia de fin de semana de ocio educativo nunha instalación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Máis información: subactividades-xuventude.ctb@xunta.es e nos teléfonos 981 541 689, 981 545 702 e 981 545 937

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

XIII Certame de artes plásticas Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense convoca o XIII Certame de artes plásticas para a mozos ou mozas de entre 18 e 30 anos.

A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.).
Segunda: poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os trinta 30 anos.
A temática será libre, e admitirase todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material.
Cada concursante poderá participar cun máximo de 2 obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: non superior a dous (2) metros en calquera das súas dimensións.
Escultura: terá unha altura máxima dun metro con oitenta centímetros (1,80 m) e unha base que non superará un metro por un metro (1m x 1m).
Gravado e outras expresións artísticas: medidas libres.
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:
- Primeiro premio; 3.000 €.
- Segundo premio; 2.000 €.
- Terceiro premio; 1.000 €.
- Dous accésits de 500 € cada un.
As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 31 de maio de 2015.
Máis información no BOP de Ourense de 9 de abril de 2015 e en www.depourense.es

V certame relatos curtos Le, escribe,...¡Entrena a túa mente!


A Liga Nacional de Fútbol Sala, en colaboración coa Editorial SM, puxo en marcha o V Certame de Relatos Curtos sobre Fútbol Sala, "Le, escribe,...¡Entrena a túa mente!" unha iniciativa dirixida a todos os públicos dende os 8 anos e que ten como obxectivo fomentar tanto a lectura coma a escritura entre os amantes do Fútbol Sala.

Este certame enmárcase dentro da conmemoración do Día Internacional do Libro, que se celebra o día 23 de abril de 2015. Poderán participar no certame aquelas obras cuxo estilo prefira o autor: poesía, relatos, conto, etc. O tema central deberá ser o Fútbol Sala. Os relatos deberán ser orixinais e inéditos e non ter concursado en ningún outro concurso. Cada autor poderá presentar máximo dous relatos, se ben cada un deles será tratado de xeito totalmente independente. Os relatos deberán estar escritos en español e constar dun mínimo de 500 palabras e un máximo de 2.000 (entre un e dous folios, a un corpo de texto de 12 puntos).

Categorias:
Categoría Infantil de 8 e 11 anos
Categoría Xuvenil de 12 e 14 anos
Categoría Adulto a partir de 14 anos
.

Dotación:
1º Premio: edición do relato, lote de 8 libros da Editorial SM, lote de produtos Kelme composto por 1 balón Kelme Star15 e mochila e 4 entradas para un partido da 30ª xornada de Primeira División da LNFS ou cuartos de final de Play Off
2º Premio: lote de 4 libros da Editorial SM, lote de produtos Kelme composto por 1 balón Kelme Star15 e un zapatillero
3º Premio: lote de 3 libros da Editorial SM e lote de produtos Kelme composto por 1 balón Kelme Star15 e un zapatillero.

O prazo para envaia as obras estará aberto ata o 21 de abril de 2015
Máis información:
Liga Nacional de Fútbol Sala
C/ Mateo Inurria, 26, 28036 Madrid
Teléfono: 91 350 28 29
http://www.lnfs.es

miércoles, 8 de abril de 2015

Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2015


O Ministerio de Educación convoca 1.870 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2015, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Estas axudas distribúense en dous grupos:
Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 28 de xuño 2015 a 12 de xullo 2015:
. Grupo I: 550 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 385 axudas de ata 326 €.
Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 12 de xullo 2015 a 26 de xullo 2015:
. Grupo I: 550 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 385 axudas de ata 326 €.

Requisitos:
Para alumnos matriculados en 1º de ESO:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/2015.
b. Ter obtido, como mínimo, «notable» como nota media do curso 2013-2014.
c. Ter obtido, como mínimo, «notable» como nota final na materia de inglés no curso 2013/2014.
d. Non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.

Para alumnos matriculados en 2º de ESO:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/2015.
b. Ter obtido, como mínimo, «notable (7)» como nota media do curso 2013-2014.
c. Ter obtido, como mínimo, «notable (7)» como nota final na materia de inglés no curso 2013/2014.
d. Non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.

Grupos I e II:
Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2014 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado Grupo I:
a) Orfandade absoluta do solicitante.
b) Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns do solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o propio solicitante).
c) Pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal encóntrese en situación de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
d) Pertencer a familia numerosa.
e) Pertencer a familia monoparental.

Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 31 de marzo de 2015 e en www.educacion.es

XXV Concurso de Contos Vila de Pontedeume

O Concello de Pontedeume convoca o XXV Concurso de Contos Vila de Pontedeume
O concurso de contos está dirixido a estudantes de Segundo Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
A lingua a empregar será o galego. Os participantes concorrerán cunha única obra.
Os contos serán inéditos cunha extensión entre os 6 e 10 folios por unha soa cara.

As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao rexistro xeral do Concello de Pontedeume (rúa Real 13, 15600 Pontedeume. A Coruña) en sobre pechado co título da obra e lema ou pseudónimo do autor, acompañado doutro pequeno sobre, tamén pechado, no que conste o auténtico nome e apelidos do autor, así como a fotocopia do seu D.N.I., teléfono, enderezo e indicación do centro no que cursa os seus estudos e estudos que está cursando.
prazo de presentación estará aberto ata o 17 de abril de 2015.
Premio: 759,50 €.
O día da entrega dos premios será o día 17 de maio de 2015, día das letras galegas.

Máis información no BOP da Coruña do 27 de marzo de 2015, e na OMIX de Pontedeume, teléfono 981 433 039

II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino


O Concello de Santiago convoca o II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino co fin de promover o uso do galego na comunidade educativa e na súa contorna, procurando asemade unha maior difusión e valoración dos traballos audiovisuais escolares que se encamiñan a este mesmo fin.

O obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de traballos audiovisuais escolares no ámbito da normalización lingüística.
Poderán concursar os traballos realizados nos centros de ensino que conten coa participación de alumnado das etapas infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou secundaria postobrigatoria matriculado no curso 2014-2015.
A temática dos audiovisuais xirará en torno á promoción do uso da lingua galega en calquera ámbito e con calquera focaxe, xénero, etc. Quedarán excluídos os traballos que non traten deste tema. Ademais será requisito que o contido do audiovisual se vincule dalgún xeito con Santiago de Compostela.
Os traballos estarán en soporte dixital, non poderán exceder de 10 minutos de duración.

O prazo para a entrega dos traballos estará aberto ata o 2 de maio de 2015.

Categorías de participación:
- Infantil
- Primaria
- Secundaria obrigatoria
- Secundaria postobrigatoria

Premios:
- Infantil: 400 €.
- Primaria: 400 €.
- Secundaria obrigatoria: 400 €.
- Secundaria postobrigatoria: 400 €.
- Premio do público: 400 €.

Máis información no BOP da Coruña do 19 de marzo de 2015 e na OMIX de Santiago de Compostela, 981 543 001

CONCURSO. De Galice à Antibes! 2015


En colaboración co Centro Internacional de Antibes, co apoio da Embaixada de Francia en España, a APFG (Asociación de profesores de francés de Galicia) convida a todos os estudantes de francés galegos de entre 14 e 17 anos (menores de 18 anos en agosto de 2015) a participar no concurso "De Galice en Antibes! 2015" 

O premio é unha estancia formativa dunha semana en Francia!
O prazo para presentar videos estará aberto ata o 24 de abril de 2015 á medianoite.


Podes ver o vídeo gañador da 1ª edición feito por Ana Lojo IES Pobra do Caramiñal: https://www.youtube.com/watch?v=N1h-kruUgJc
e todos os videos participantes en  https://docs.google.com/forms/d/1cJc8rLSara0gVWeaZ-YqJ3gYW5bwda55M_r5A9pBj24/viewform

Máis información en www.galigalia.eu

Concurso de Historia para mozos


Eustory convoca a 8ª edición do seu concurso de Historia para mozos

A quen se dirixe?
A idade para participar é de 14 a 21 anos, sempre que sexas estudante nun centro escolar (non universitario) dos países de España, Portugal ou continente Americano. O traballo pode ser individual ou en grupo, sen existir límite de participantes nos traballos de grupo. Existe a posibilidade de que os traballos estean compostos por estudantes de máis dun país.

Que podo gañar?
Primeiro premio: 2.500 € Alumnos / 1.250 € Titor
Segundo premios: 1.000 € Alumnos / 500 € Titor
Terceiro premio: 500 € Alumnos / 250 € Titor
Accésit: 200 € Alumnos / 100 € Titor

Ademais, os gañadores poden participar nos campus de historia - talleres organizados por EUSTORY Europa. Cada ano celébranse tres campus, dunha semana, sobre un tema de actualidade histórica, na que participan ao redor de 20 mozos, gañadores dos concursos de historia de cada país membro da rede. Os gastos da viaxe, o aloxamento e as actividades están cubertos por EUSTORY España, independentemente do premio que obtiveses. 

Cal é o tema?
O tema da edición 2014-2015 é «América». Dende o descubrimento ata a actualidade, pasando polo século da Ilustración ou as emigracións do XIX, Europa e América son o resultado dunha historia común, de viaxes de «ida e volta». Esta historia compartida é a que che invitamos a que investigues, a partir do teu ámbito máis próximo.

Que teño que facer?
Busca o tema no teu ámbito: un familiar, un coñecido, un amigo, o nome da rúa na que vives, o teu colexio, unha empresa, unha estatua pola que pasas diante todos os días, un libro que te gusta ler... En definitiva, calquera cousa que estea ao teu alcance e que te invite a coñecer máis sobre a temática do concurso.

Amplia esta información cos recursos próximos como arquivos, bibliotecas, vellos periódicos, álbums de fotos familiares, por suposto internet e por que non? ferramentas creativas, como música, pinturas, gravacións, entrevistas ou as redes sociais.

Que teño que presentar?
O formato para presentar o traballo é libre. O importante é que sexas capaz de relacionar os elementos da vida cotiá que investigaches, coa Historia que estudas no colexio. Valorarase principalmente que o traballo reflicta o que aprendiches, pero tamén se terán en conta outros aspectos como a dedicación, a creatividade ou o uso de novos medios.

Completa o traballo co informe de procedemento, no que inclúas como elaboraches o traballo e as principais fontes utilizadas.

Cando o teño que enviar?
Unha vez que teñas todo, completa o formulario de participación e envía o traballo a concurso@eustory.es

A data límite é o 17 de agosto de 2015.

Cal é o rol do TITOR?
Tamén se pode participar como titor. Podes ser profesor de Historia, pero tamén profe doutras materias. Nin sequera fai falta que sexas profesor: pai, nai, irmán, tío, amigo, monitor, antigo participante... calquera pode ser titor, sempre que poidas motivar e axudar ao estudante a realizar a investigación. O titor do traballo será premiado tamén cunha suma en metálico. O titor pode ser de grande axuda á hora de investigar, ofrecendo asesoramento, aínda que non é obrigatorio.

Máis información:
http://eustory.es/