domingo, 26 de mayo de 2019

Queres facer estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais?


Abrese o prazo ata o 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Inscrición dos/as aspirantes ao acceso
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o 7 de xuño.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Desenvolvemento das probas 
As ditas probas levaranse a cabo o día 4 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
 
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/380/all

No hay comentarios:

Publicar un comentario