domingo, 26 de mayo de 2019

Queres facer estudos superiores de Música?


Abrese o prazo ata o día 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de música para o curso 2019/20.
Requisitos
- Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365, e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 7 de xuño.
Data da proba
As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 20 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113/all

No hay comentarios:

Publicar un comentario