
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas interesadas no mesmo, individualmente ou en equipo.
Os carteis deberán presentarse en soporte dixital.
O asunto das obras deberá ter en conta a festa que tratan de anunciar: XXXI FESTA DO PAN DE NEDA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA 1 de setembro de 2019
En todos os carteis constará tamén o escudo do Concello de Neda e a imaxe corporativa de Deputación provincial da Coruña,
Xunta de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia (galicia), Pan de Neda e Abanca. Os carteis presentaranse en soporte dixital e en formato PDF/PDF, JPG ou similar. O seu formato de deseño deberá axustarse para que se poidan reproducir en vertical e cun tamaño A3. Serán de concepción e técnicas libres, sempre que sexa posible a súa reprodución.
No formato dixital presentado figurará o ficheiro co nome do lema que servirá para preservar a identidade do autor ou autora ata o fallo do xurado. Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos, cun lema diferente cada un deles.
Premio: 200 €.
Prazo: 17 de xuño de 2019
Máis información no BOP da Coruña do 21 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario