A Secretaría Xeral da Emigración convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
O programa consistirá na participación nun Campo de Traballo en Portomarín.
Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos.
Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe e dos traslados aéreos das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes de ida e volta en avión. Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe nun aeroporto de Galicia. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde o aeroporto de chegada a Galicia ata a residencia ou albergue xuvenil, así como dos desprazamentos terrestres de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saída.
Requisitos:
a) Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Censo electoral de residentes ausentes. Este requisito non será exixible ás persoas participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes no programa deberán ter, o 30 de xuño de 2019, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
f) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
g) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano desta convocatoria.
Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario PR930C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo estará aberto ata o 6 de xuño de 2019
Máis información no DOG do 6 de maio de 2019 e en http://emigracion.xunta.gal/

No hay comentarios:
Publicar un comentario