Con motivo do 30 aniversario de Palmajove, o Centro de Información Xuvenil da área de Igualdade, Mocidade e Dereitos Cívicos do Concello de Palma organiza, coa coprodución de Casa Planas, un certame dirixido a novos artistas, creadores, pensadores e makers co obxectivo de darlles apoio para mostrar e difundir as súas obras, creacións, traballos e proxectos de instalación, investigación, intervención efémera, arte sonora, new-media, deseño, arquitectura, performativos e todo aquilo inclasificable e transdisciplinario da creación.
Requisitos: poden presentarse mozos e mozas de entre 14 e 35 anos de calquera nacionalidade e residencia. As obras e propostas presentadas deben ser producidas a partir dalgunha das 3 imaxes propostas do Arquivo Casa Planas:
O certame consistirá nun exercicio de apropiación e memoria desde diferentes aproximacións teóricas, linguaxes e soportes.
Debe presentarse un escrito-proxecto que describa as obras e/ou un esbozo visual (as obras presentadas poden ser propostas e por tanto non estar producidas).
Unha copia da obra gañadora da convocatoria formará parte do Art Investigation Programme, un programa de produción e investigación artística para dar continuidade e revisión continua ao Arquivo Casa Planas. Exemplo de obras e proxectos

Valoraranse especialmente:
1. Os proxectos que ofrezan visións e discursos innovadores sobre a imaxe, a historia ou a sociedade.
2. As linguaxes interdisciplinarias e/ou que busquen a interacción co público.

Prazo: os proxectos das obras poden presentarse ata o día 12 de xullo de 2019 mediante o formulario de inscrición ao certame
Premio: o premio consistirá nun vale para material en Foto Ruano Prol Servizos Profesionais (valorado en 500 €).
Comunicación do/da gañador/a e entrega do premio: Farase pública a decisión do xurado, comunicarase o/a gañador/a e farase o acto de entrega do premio en Palmajove ( c. de Sant Pere, 6, Palma), o luns día 12 de agosto de 2019, na celebración do Día da Mocidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario