domingo, 26 de mayo de 2019

Premios Estatais ao Voluntariado Social


A Secretaria de Estado de Servizos Sociais conovoca os Premios Estatais ao Voluntariado Social
Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas, desenvolta ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan:
a) Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social.
b) Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas.
Poderán propoñerse como candidatas ás persoas voluntarias, nacionais ou estranxeiras, que desenvolvan a súa actividade solidaria no seo de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, ou en entidades públicas ou privadas que realicen programas de voluntariado en colaboración coas mencionadas organizacións sociais do Terceiro Sector de Acción Social.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2019
Máis información no BOE do 14 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario