domingo, 26 de mayo de 2019

Cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e bolsas para participar


A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca os cursos de verán 2019 e bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia a estas actividades académicas que se celebrarán nas sedes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo durante o ano 2019.
Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario que se solicite.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo alumno.
Requisitos:
- Estar matriculado no curso académico 2018/2019 ou 2019/2020 nos estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutor nunha Universidade española ou do EEES.
- ter finalizado con anterioridad al curso académico 2018/2019 cualquiera de los estudios oficiales Os solicitantes deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 sobre base 10.
Prazo de solicitude das bolsas:  pendientes de publicación na web da UIMP, http://www.uimp.es/actividades-academicas.html
As solicitudes de bolsas cursaranse telemáticamente a través da páxina web da Universidade

Campos de Traballo para mozos e mozas de orixe galega ou descendentes que residan no exterior


A Secretaría Xeral da Emigración convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
O programa consistirá na participación nun Campo de Traballo en Portomarín.
Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. 
Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe e dos traslados aéreos das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes de ida e volta en avión. Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe nun aeroporto de Galicia. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde o aeroporto de chegada a Galicia ata a residencia ou albergue xuvenil, así como dos desprazamentos terrestres de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saída.
Requisitos:
a) Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Censo electoral de residentes ausentes. Este requisito non será exixible ás persoas participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes no programa deberán ter, o 30 de xuño de 2019, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
f) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
g) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano desta convocatoria.
Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario PR930C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
prazo estará aberto ata o 6 de xuño de 2019
Máis información no DOG do 6 de maio de 2019 e en http://emigracion.xunta.gal/

Galeuropa 2019


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019.
OBXECTO DA SUBVENCIÓN:
Procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.
Obxectivos que se pretenden acadar:
- Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
- Complementar a competencia profesional e persoal
- Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
- Fomentar a autonomía persoal
DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019. Mínimo de 100 horas mensuais.
QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita como beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia e que teña cumpridos 18 anos. Estes requisitos han de cumprirse o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención.
Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultaran beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.
Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:
-Ter menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións formativas  no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html
galeuropa191galeuropa192galeuropa193
Para máis información: 981 544 645, 981 544 854, 981 545 822, 981 545 937
-  mozos/as galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal
-  entidades sen ánimo de lucro e concellos galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html
PRAZO DE SOLICITUDE: 29 de maio de 2019

Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.


A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), aposta pola importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal e de socialización da nosa xuventude, para a adquisición de valores e competencias e para a construción da cidadanía e a promoción da cohesión social e o compromiso.
Así mesmo, a diversidade funcional representa un escenario que require de novas realidades de traballo e da necesidade de transformar as accións para que os distintos espazos sexan de verdade espazos inclusivos.
Con este fin, e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.
Tratarase de monitores e monitoras de tempo libre que conten con formación especializada ou con experiencia acreditada neste eido.
As persoas interesadas deberán enviar a información relativa á súa formación e/ou experiencia a través deste formulario.
A DXXPV comunicará os datos facilitados á empresa ou empresas que resulten adxudicatarias do servizo de monitorado de apoio das persoas con discapacidade nos campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, coa finalidade de seleccionar os equipos de apoio nos distintos campamentos.
A comunicación de datos procurará información sobre monitorado coa formación e experiencia necesaria para tratar de garantir a participación plena das persoas con discapacidade nos distintos campamentos, pero non implica compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria.
A presentación do formulario leva implícita a autorización para trasladar os datos consignados no formulario á empresa adxudicataria do servizo de monitorado de apoio.
Quedamos á súa disposición para aclarar calquera cuestión, no enderezo: xuventude.programas@xunta.es

Queres estudar ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño?


A Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019-2020.
1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.
Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír por:
– Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores, ou para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.
2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.
Requisitos:
a) Dispor do título de bacharelato e superar unha proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato deberán ter feitos os 19 anos, ou os 18 anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
– Pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
Acceso directo:
1. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño:
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo o que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
2. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
3. Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura ou grao en Belas Artes.
e) Arquitectura ou grao en Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño quen acredite ter experiencia laboral, de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao cal se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación: Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.
Prazo: 
A inscrición farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
Ata o 25 de xuño para os ciclos de grao superior
Ata o 6 de setembro para os ciclos de grao medio
Desenvolvemento das probas:
a) Probas de acceso ao grao medio: 
Proba de madureza: 10 de setembro.
Proba específica: 17 de setembro.
b) Ciclos de grao superior:
Proba de madureza: 3 de xullo.
Proba específica para todas as familias profesionais: día 15 de xullo.
Que podo estudar dentro de Artes Plásticas e Deseño?:  http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_aappd05042019.pdf
Máis información no DOG 23 de maio de 2019
Modelos de probas e máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110/all

Axudas económicas para libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.
1. No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2018/19. 
2. Nas axudas para adquirir libros de texto podrá participar alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial. 
3. Nas axudas para adquirir material escolar podrá participar o alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
A asignación de libros farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
Obrigas das persoas beneficiarias:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19.
Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 20 de xuño de 2019.
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 20 de maio de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas


A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2019 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas* e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xuño de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B
Máis información no DOG do 21 de maio de 2019 e en http://mediorural.xunta.gal
*Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumprido os dezaoito anos e non teña cumprido máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outras persoas agricultoras.

Conservatorio de Danza na Coruña


A Deputación Provincial da Coruña abre o prazo da matrícula anual do Conservatorio de Danza para o curso escolar 2019/2020 do 17 de xuño ao 2 de xullo de 2019.

English Week para centros educativos


A Consellería de Educación fai unha convocatoria para seleccionar centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e da ESO.
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas do mesmo nivel educativo.
O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.
Quendas:
quenda1
Os centros educativos presentarán as solicitudes obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario ED504F dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de xullo de 2019.
Máis información no DOG do 23 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.gal

Axudas ás entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas mozas


A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro
Requisitos
Entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) na data de publicación da presente convocatoria, que establezan accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, de conformidade coa área de actuación recollida no RUEPSS
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de xuño de 2019.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemente TR352C
Máis información no DOG do 24 de maio de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions

Subvencións a asociacións xuvenís


O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2019.
Beneficiarios:
Entidades e organizacións de carácter non gobernamental que estean legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo de ámbito estatal como:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros novos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus Estatutos.
As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos. 
- Acreditar  documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas. En atención ás súas especiais circunstancias, poderán participar na presente convocatoria as entidades ou organizacións non gobernamentais cuxo ámbito territorial de actuación sexan Ceuta, Melilla e Canarias.
Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 21 de maio de 2019 e www.injuve.es

Concurso de carteis anunciadores da XXXI Festa do Pan de Neda

O Concello de Neda convoca o concurso de carteis anunciadores da XXXI Festa do Pan de Neda
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas interesadas no mesmo, individualmente ou en equipo. 
Os carteis deberán presentarse en soporte dixital.
O asunto das obras deberá ter en conta a festa que tratan de anunciar: XXXI  FESTA  DO PAN DE NEDA  FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA 1 de  setembro de 2019
En todos os carteis constará tamén o escudo do Concello de Neda e a imaxe corporativa de Deputación provincial da Coruña,
Xunta de Galicia,  Axencia de Turismo de Galicia (galicia), Pan de Neda e Abanca. Os carteis presentaranse en soporte dixital e en formato PDF/PDF,  JPG  ou similar. O seu formato de deseño deberá axustarse para que se poidan reproducir en vertical e cun tamaño A3. Serán de concepción e técnicas libres, sempre que sexa posible a súa reprodución.
No formato dixital presentado figurará o ficheiro co nome do lema que servirá para preservar a identidade do autor ou autora ata o fallo do xurado. Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos, cun lema diferente cada un deles.
Premio:  200 €.
Prazo:  17 de xuño de 2019
Máis información no BOP da Coruña do 21 de maio de 2019

Concurso fotografía. A veciña da miña rúa: a Árbore


A Sociedade Galega de Historia Natural convoca un concurso de fotografía
TEMÁTICA: 
“A veciña da miña rúa: a Árbore”.
Preténdense imaxes das árbores, observadas nas rúas, estradas ou camiños das nosas cidades, aldeas e vilas. O seu entorno, a súa estrutura, forma, cór ...
OBXECTIVO: 
Elaboración dun calendario de parede para o ano 2020 de acordo á temática indicada e coas imaxes que se escollan entre as recibidas. 
Trátase dun almanaque altruista e solidario coa finalidade de recabar fondos para os traballos que SGHN está a desenvolver na Limia.
PARTICIPANTES:
A) O certame esta aberto a todos os interesados que o desexen
B) Cada participante poderá enviar un máximo de tres fotos
C) Para cada foto, os participantes anotarán os seguintes datos:
a. Nome do arquivo da foto
b. Autor (nome e apelidos)
c. Lugar no que se tomou a foto e breve reseña para poñer no pé de foto
d. Os detalles que o autor queira incorporar
CONDICIÓNS E DESENVOLVEMENTO:
A) As fotos serán obligatoriamente en formato vertical e deberán ter a calidade suficiente para impresión a tamaño calendario de parede.
B) As fotos enviaranse ao correo: 2020calendarioarbores@sghn.org
C) O prazo para o envío das fotos estará aberto ata o día 30 de xuño de 2019
D) Entre as fotos recibidas seleccionaranse un mínimo de 6 e ata 12 para incluir no almanaque, procurando unha por autor. O concurso será fallado por un xurado elexido por SGHN e a súa decisión será inapelable.
E) O concurso suspenderase si o número de fotos seleccionadas é inferior a 6
F) Coas fotos recibidas realizarase unha proxección no día da presentación do calendario
G) As fotos son propiedade en todo momento do seu autor, quen as cede de maneira gratuita a SGHN exclusivamente para a impresión do calendario, a proxección ou calquera evento que derive deste concurso.
O envío das fotos e a participación no concurso supón a aceptación destas bases.
CONTACTO:
Correo electrónico específico: 2020calendarioarbores@sghn.org
Teléfono: 629 635 512 Marcos Freán (delegado da SGHN en Ourense)

Certame Letras Galegas 2019 en Abegondo


O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2019
Categorías:
Infantil
- 1º, 2º e 3º premio de Debuxo e Pintura
Os premios na categoría infantil consistirán en lotes de libros en galego.
Primaria
- 1º e 2º premio de Narrativa
- 1º e 2º Premio de Poesía
Os premios na categoría primaria consistirán en lotes de libros en galego.
Secundaria e menores de 18 anos
- 1º e 2º premio de Narrativa
- 1º e 2º Premio de Poesía
Os 1º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en teléfonos móbiles.
Os 2º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en altofalantes portátiles.
Adultos
- 1º premio de Narrativa
- 1º premio de Poesía
Os premios na categoría adultos estarán dotados cun premio económico de 150 € cada un.
Premio #AbegondoEnGalego
Trátase dun concurso nas redes sociais, polo que poderán participar persoas usuarias das redes sociais Facebook, Instagram
e Twitter de 14 anos ou máis. Os/As participantes deberán seguir a páxina do Concello de Abegondo en Facebook
(Concello de Abegondo/Ayuntamiento de Abegondo) Instagram (@concelloabegondo) ou Twitter (@abegondo) e subir a unha das ditas redes sociais municipais unha fotografía tomada en Abegondo xunto cun lema que poña en valor a lingua galega
ou a literatura galega. Etiquetarase co cancelo #AbegondoEnGalego para identificala.
Premio especial audiovisual de promoción do galego
Nesta categoría poderán participar todas as idades. Serán admitidas gravacións audiovisuais que enxalcen ou estean relacionados coa promoción da lingua. Valorarase a orixinalidade, contido didáctico e valor cultural e antropolóxico.
O premio especial audiovisual consistirá nunha tableta electrónica.
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos. As narracións e poesías deberán estar escritas en lingua galega. Nos debuxos e pinturas, no caso de levar algún texto, este deberá estar redactado en lingua galega. A lingua utilizada nos  traballos da categoría #AbegondoEnGalego e da categoría audiovisual será o galego.
Os traballos serán remitidos ao Servizo de Normalización Lingüística ou ao departamento de Cultura do Concello de Abegondo. Poderán ser entregados persoalmente na Casa do Concello, na Biblioteca e na Aula Lúdica, así como por correo postal no enderezo San Marcos, 1 - 15318 Abegondo ou por correo electrónico no enderezo cultura@abegondo.es.
Todos os participantes indicarán xunto co traballo o seu nome e apelidos, domicilio, idade e teléfono de contacto. Nas categorías infantil, primaria e secundaria indicarán ademais os estudos que cursan e o centro de estudos. Na categoría
adultos os participantes entregarán tamén unha copia do DNI.
prazo para presentar os traballos está aberto ata o día 28 de xuño de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 20 de maio de 2019

Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2019/2020


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.
Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.
Convocatoria para o curso académico 2019/20: 216 prazas.
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 74 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 55 Home/muller
Vigo. Altamar: 87 Home/muller
9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller
Vigo. Altamar: 8 Home/muller
9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller
Vigo. Altamar: 8 Home/muller
Prazo de presentación das solicitudes: Estará aberto ata o 17 de xuño de 2019.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303Dpara traballadores/as.
Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
- Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2019.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria ou estudos superiores en ensinanzas artísticas. 
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.
A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
Prezo: 
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.
Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2019-2020, exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2019

Queres estudar Arte Dramática?


Abrese o prazo ata o 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola superior de Arte Dramática de Galicia.
Data da proba
As probas específicas de acceso comezarán o día 1 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia,
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.esadgalicia.com

Queres facer estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais?


Abrese o prazo ata o 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Inscrición dos/as aspirantes ao acceso
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o 7 de xuño.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Desenvolvemento das probas 
As ditas probas levaranse a cabo o día 4 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
 
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/380/all

Queres estudar ensinanzas superiores de Deseño?


Abrese o prazo ata o día 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/20.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Inscrición para realizar as probas
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño ata o día 7 de xuño.
Data da proba
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 3 de xullo na EASD Pablo Picasso da Coruña.
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/209/all

Queres facer estudos superiores de Música?


Abrese o prazo ata o día 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de música para o curso 2019/20.
Requisitos
- Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365, e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 7 de xuño.
Data da proba
As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 20 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113/all