miércoles, 16 de enero de 2019

Premio Europeo Carlomagno da Mocidade

Premio Europeo Carlomagno da Mocidade 

O Parlamento Europeo e a Fundación Premio Internacional  Carlomagno de Aquisgrán convidan á mocidade de entre 16 e 30 anos de todos os Estados membros da Unión a participar nun concurso sobre o desenvolvemento da UE, a integración e as cuestións relacionadas coa identidade europea.
O "Premio Europeo  Carlomagno da Mocidade" outórgase a proxectos que:
- Promovan o entendemento a escala europea e internacional.
- Fomenten o desenvolvemento dun sentido compartido de identidade e integración europea.
- Sirvan de modelo para os mozos que viven en Europa e ofrezan exemplos prácticos de europeos que viven no seo dunha mesma comunidade.
Os proxectos poden centrarse na organización de diversos actos destinados aos mozos, intercambios de mozos ou proxectos en liña que presenten unha dimensión europea.
Os participantes poden presentar solicitudes individuais ou en grupo; os proxectos transfronteirizos e de grupo presentaranse nun só país, que haberá de estar vinculado estreitamente ao proxecto.
Aceptaranse solicitudes en todas as linguas oficiais da Unión Europea. Os proxectos presentados ao concurso deben iniciarse e finalizar entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 28 de xaneiro de 2019, ou seguir activos.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de xaneiro de 2019. As solicitudes deben realizarse en liña no sitio web do Premio Europeo Carlomagno da Mocidade www.charlemagneyouthprize.eu
Un xurado formado por representantes nacionais elixirá os tres gañadores. A cerimonia de entrega dos galardóns terá lugar en  Aquisgrán (Alemaña) en maio de 2019.
Dotación
Outorgarase un premio de 7.500 euros ao mellor proxecto, de 5.000 euros ao segundo e de 2.500 euros ao terceiro.
Convidarase a un representante de cada un dos 28 proxectos gañadores a escala nacional a asistir á cerimonia de entrega do premio que terá lugar o 28 de maio de 2019 e a pasar uns días en  Aquisgrán (Alemaña).
Os premios outorgados aos tres mellores proxectos serán presentados polo Presidente do Parlamento Europeo e por representantes da Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.
Como parte do premio, convidarase os galardoados a visitar o Parlamento Europeo (en Bruxelas ou en Estrasburgo).
Máis Información
Premio Europeo Carlomagno da Xuventude
ECYP2019@EP.europa.eu
www.europarl.europa.eu


No hay comentarios:

Publicar un comentario