Norma Editorial convoca un Concurso de cómic manga
O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.
Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos (tanto de forma impresa como dixital).
A temática, estilo e xénero son totalmente libres e o proxecto para presentar debe consistir en:
•Resumo do argumento da obra nun espazo mínimo de 1 folla e máximo de 2 follas (a unha cara) así como un resumo de 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto. Tan só se aceptan arquivos DOC, RTF ou TXT. Outros formatos serán descartados.
•Creación das 8 primeiras páxinas (8 follas a unha cara) da obra. O gañador terá despois que seguir desenvolvendo a historia ata completar as 160 páxinas requiridas.
•Pode engadirse de maneira opcional unha portada (en branco e negro ou a cor) así como fichas dos personaxes.
•Datos persoais do autor ou autores: Nome e apelidos. Dirección completa. Correo electrónico. Teléfono. Ano de nacemento. Experiencia artística, se a hai. Nacionalidade.

Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital. En ningún caso deben enviarse os orixinais, debido a que en ningún caso devolveranse os materiais recibidos. As páxinas deben estar debuxadas a un tamaño proporcional a 11,5 x 17,5 cm (tamaño de impresión final), sendo ilimitado o tamaño máximo do bosquexo ou debuxo orixinal, pero limitado a 23 x 35 cm (máis 4 mm de sangue) como máximo para o documento entintado e tramado.
Pode empregarse calquera técnica creativa, tendo en conta que a obra será en branco e negro e que debe estar entintada e cunha rotulación lexible. Non se aceptarán traballos presentados a lapis ou a cor.
Pódense presentar un máximo de tres obras por autor, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo de autores.
O prazo de admisión finaliza o 25 de agosto de 2019 ás 23:59, hora peninsular española.
Requisitos
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.
Dotación
O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 160 páxinas e ser publicada por Norma Editorial. Este contrato contemplará un anticipo en concepto de royalties e dereitos de representación de 3.000 euros.

Máis información:
Norma Editorial
concursomanga@normaeditorial.com
https://www.normaeditorial.com/concursomanga/?page_id=3855
No hay comentarios:
Publicar un comentario