Famelab é un certame internacional de monólogos científicos cuxo obxectivo é fomentar a comunicación da ciencia a través de novas vías de achegamento á sociedade, involucrando a todos os que dun modo ou outro traballan neste ámbito, co fin atopar novas voces da ciencia en todo o mundo.
Famelab está deseñado para inspirar e motivar aos que se dedican á ciencia e a tecnoloxía para participar activamente na divulgación das súas áreas de traballo a través dun formato innovador neste ámbito, o monólogo, en contacto directo co público.
A edición española de Famelab é unha iniciativa conxunta do British Council e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
A participación en Famelab España canalizarase a través da gravación dun vídeo no que o participante deberá interpretar un monólogo en castelán que teña como base un tema científico e/ou tecnolóxico, cunha duración máxima de 3 minutos.
A gravación poderá realizarse en calquera dos seguintes formatos: .MP4, .AVI, .MPG, .MOV, .FLV, .WMV, e non poderá superar os 75 megabytes de tamaño. O vídeo non poderá ir acompañado de edición nin de efectos especiais e non se poderán utilizar presentacións tipo PowerPoint ou outros dispositivos electrónicos. Farase un uso limitado de materiais de apoio portátiles, polo que os participantes non dispoñerán de tempo extra para a montaxe e desmonte dos materiais auxiliares. O monólogo presentado terá que ser inédito polo que non podería ser difundido previamente por ningún medio, xa sexa en eventos presenciais ou na internet.
Requisitos
Poderá participar no certame calquera persoa de nacionalidade española ou residente en España e maior de idade, que curse estudos ou exerza actualmente calquera actividade profesional ou laboral en áreas relacionadas co ámbito da ciencia e/ou a tecnoloxía, incluída a docencia preuniversitaria especializada en ciencias e cumpra os requisitos establecidos nas bases.

Para participar no certame internacional, os/as participantes deberán expresarse fluidamente en inglés.
Prazo: ata o 31 de xaneiro de 2019
Máis información: https://www.famelab.es/
Máis información: https://www.famelab.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario