PARTICIPANTES
O concurso está aberto a todos/as os/as alumnos/as e profesores/as de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de Galicia.
TEMÁTICA
O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2019 baseándose na temática de referencia desta edición: A Saúde e os bos Hábitos, polo que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionado coa temática en cuestión.
CONDICIÓNS E FORMATOS
- O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
- As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
- As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non ter sido premiadas en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
PRESENTACIÓN DAS OBRAS
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán subir as súas fotografías a través do apartado especialmente habilitado na páxina web da galiciencia cos seguintes datos: título/s da/s obra/s presentada/s, nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto, e-mail e nome do centro ao que pertencen.
- O prazo de presentación finalizará o 11 de marzo de 2019.
RESOLUCIÓN
A resolución do xurado farase pública o día 10 de maio de 2019 durante a entrega de diplomas da Galiciencia e publicarse nas redes sociais (web galiciencia e facebook).
FORMATOS VÁLIDOS
As fotografías poderán estar en formato jpg, tiff, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), esta é a resolución mínima para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm. Sería preferible unha resolución maior.
REALIZACIÓN E MANIPULADO
Poden facerse axustes na imaxe, con respecto a color, niveis e axustes e correccións. Non está permitido manipular a foto de maneira que se cambien obxectos ou elementos da imaxe, polo tanto non se permiten fotomontaxes.
https://www.galiciencia.com/concursos-galiciencia-2019/
No hay comentarios:
Publicar un comentario